Fundación Semana Verde de Galicia

Expourense, a través da súa marca Termatalia, Fundación Semana Verde de Silleda e a Federación de Hostalaría de Ourense puxeron en marcha un proxecto conxunto para promover Galicia como Destino Saudable vinculado ao Concurso de Ideas do ClústerTurismo de Galicia

En Brasil executarase a terceira e ultima das accións que compón o proxecto coa presentación dunha guía que inclúe balnearios e centros médicos elaborada pola empresa Autoxiro

Termatalia Brasil, Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que celebrará a súa 18ª edición entre o 12 e o 14 de setembro en Foz do Iguaçu, Brasil, acollerá a presentación oficial dunha guía que recolle a oferta de turismo de saúde e médico de Galicia. Este catálogo supón a ercera e última das accións previstas dentro do “Proxectos de Promoción e Comercialización de Turismo de Saúde e Médico de Galicia”, un traballo que se executa coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia e a Federación Provincial de Hostalaría de Ourense no marco do Concurso de ideas lanzado polo Clúster de Turismo de Galicia co apoio do Goberno Galego.

A presentación levará a cabo dentro da Bolsa de Contratación Turísticas de Termatalia Brasil 2018, que conta coa participación de máis de 30 países. Alí os 25 turoperadores de 12 países participantes da bolsa de contratación, procedentes de Arxentina, Alemaña, Brasil, Chile, Colombia, España, Estados Unidos, México, Perú, Reino Unido, Rusia e Uruguai, poderán coñecer a oferta de turismo de saúde de Galicia recollida na publicación. Entre os turoperadores atópanse algúns dos máis importantes do Mundo como a alemá FIT-Reisen ou a estadounidense Mercury Advisory Group.

Ferramenta de difusión
Trátase dun catálogo creado ad hoc coa colaboración da empresa especializada en servizos turísticos “Autoxiro” que inclúe a oferta termal de Galicia, comunidade líder en Europa de turismo termal. O catálogo inclúe a oferta de Balnearios de Galicia, a relacionada co turismo médico ofrecendo información de hospitais e clínicas así como de proxectos mixtos como é o caso do centro Médico A Carmen e o seu proxecto WaterHealth que inclúe tratamentos de balneoterapia de recuperación para os pacientes sometidos a diversas cirurxías.

A guía será utilizada como unha ferramenta de difusión da oferta en turismo de saúde de Galicia para contribuír a situala como destino de turismo de saúde e médico nun mercado que presenta unhas elevadas cifras de crecemento e grandes posibilidades de futuro.

Finalización do proxecto
Para levar a cabo o obxectivo de promocionar a Galicia como destino de turismo de saúde e médico, o tres entidades implicadas neste proxecto puxeron en marcha unha serie de tres acciones que promocionan tamén a oferta complementaria, e da que forman parte a gastronomía saudable e sustentable ou o comercio. A primeira delas executouse no marco da feira Turexpo, en Silleda, un Taller de Gastronomía Saudable impartido polo chef galego Xullo Mato o Río, mentres que a segunda se levou a cabo no castelo de Maceda no que o Chef Carlos Parra impartiu un showcooking.

03 de Setembro de 2018

A oferta de turismo de saúde e médico de Galicia presentarase na Bolsa de Contratación Turística de Termatalia Brasil 2018

Expourense, a través da súa marca Termatalia, Fundación Semana Verde de Silleda e a Federación de Hostalaría de Ourense puxeron en marcha un proxecto conxunto para […]
21 de Xuño de 2018

Medio cento de profesionais reciben formación práctica en Maceda para promocionar Galicia como destino saudable

O Castelo de Maceda acolleu a segunda acción de promoción dentro do “Workshop de Comercialización de Turismo de Saúde e Médico de Galicia”, un showcooking dirixido […]
11 de Xuño de 2018

Impulso de accións de formación e promoción para impulsar Galicia como destino saudable

Expourense, a través da súa marca Termatalia,Fundación Semana Verde de Silleda e a Federación de Hostalaría de Ourense puxeron en marcha un proxecto conxunto coa vinculado […]