Medio cento de profesionais reciben formación práctica en Maceda para promocionar Galicia como destino saudable

ACTIVIDADES

Medio cento de profesionais reciben formación práctica en Maceda para promocionar Galicia como destino saudable

O Castelo de Maceda acolleu a segunda acción de promoción dentro do “Workshop de Comercialización de Turismo de Saúde e Médico de Galicia”, un showcooking dirixido a profesionais co obxectivo de sensibilizalos sobre o papel da gastronomía saudable como elemento crave na construción de Galicia como destino de turismo de saúde. O chef ourensán Carlos Parra foi o encargado de impartir o taller xunto coa nutricionista Adriana Fernández.

O tres pratos elaborados por Carlos Parra foron analizados ao detalle pola nutricionista Adriana Fernández Vidal, do Taller. O tres receitas salubles elixidas polo chef foron: “Crema fría de tomate”; “Ensalada primavera de garavanzos con salsa de aguacate e labras de queixo de cabra semicurado” e “Estofado de verduras con tacos de solombo de porco selecta”. Estes pratos foron marinados con viños do D.O. Monterrei.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto que executa Expourense coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia e a Federación Provincial de Hostalaría de Ourense e que foi presentado ao Concurso de ideas lanzado polo Clúster de Turismo de Galicia co apoio da Xunta.

Este showcooking estivo presentado pola directora adxunta de Expourense, Emma González; o presidente da Federación de Hostalaría de Ourense, Ovidio Fernández Ojea; o xefe de servizo de Turismo da Xunta en Ourense, Cecilio Santalices; e o vicepresidente da Deputación de Ourense e concelleira de Turismo de Ourense, Jorge Pumar.

Última acción en Termatalia
Este proxecto concluirá coa celebración en Brasil, en Foz do Iguaçu, entre o 12 e o 14 de setembro da próxima edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar. No marco da Bolsa de Contratación Turística e ante operadores de turismo dunha vintena de países presentarase un Catálogo que recolle da oferta en turismo de Saúde e Médico de Galicia. Ademais, esta feira contará cunha Aula de Alimentación saudable na que participará un chef galego.