A folla de ruta para a mellora da comercialización e posta en marcha de iniciativas de turismo activo no territorio comezou o ano pasado e conta cun investimento de máis de 250 mil euros
Co obxectivo de sensibilizar e potenciar a oferta turística do geodestino Ferrolterra -Rías Altas, potenciando o emprendimiento e a creación e comercialización de produto de turismo activo, o Plan Estratéxico de Turismo Activo do geodestino continúa neste 2018 o seu proceso de desenvolvemento coa posta en marcha de 15 accións trazadas dentro da folla de ruta posta en marcha o ano pasado para a articulación dun produto que poña en valor recursos, produtos e servizos que fomenten a diferenciación, o posicionamento e a cooperación empresarial neste territorio.
Cun investimento total de case 250 mil euros, o proxecto conta co financiamento da Deputación da Coruña, a través dunha liña de financiamento a geodestinos de Turismo de Galicia, e está impulsado pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol. Así, grazas á achega de 100.000 euros da Deputación, Geodestino Ferrol Terra – Rías Altas desenvolvéronse as primeiras accións: creación de marca, creación de web, material promocional, así como a adhesión das empresas ao produto turístico, traballos para os que a consultora a cargo do plan, Avivae, contou coa colaboración de AGETAN e de múltiples empresas de turismo activo do geodestino a través de mesas de traballo e entrevistas individuais e colectivas, visitando a cada concello
Acciones para 2018
Ademais durante o ano 2018 está prevista unha actividade de Networking de Experiencias para fomentar a colaboración privada-privada na que participarán as entidades do sector (casas rurais, hoteis, restaurantes, etc.) do geodestino e coñecerán e experimentarán de primeira man as actividades que se poidan desenvolver a través das empresas de turismo activo, así como a inclusión do geodestino no SICTED, o desenvolvemento dun vídeo experiencial, workshop, famtrip e a posta en marcha de novos produtos de turismo activo, entre outras accións por valor de máis de 155 mil euros destinadas tanto á formación como á mellora da comercialización e posta en marcha de iniciativas vinculadas ao turismo activo en Ferrolterra.

09 de Abril de 2018

Ferrolterra-Rías Altas continuará en 2018 o despregamento do seu plan estratéxico de turismo activo coa posta en marcha de máis de 15 accións

A folla de ruta para a mellora da comercialización e posta en marcha de iniciativas de turismo activo no territorio comezou o ano pasado e conta […]
17 de Novembro de 2017

Máis dun cento de actividades converten a Ourense na capital do turismo deportivo

Do 17 ao 19 de novembro Expourense acolle a primeira edición de Sportur, Salón do Deporte e Turismo Activo, unha iniciativa coa que se busca dar […]
29 de Xuño de 2017

Situar a marca Galicia Turismo Activo, un dos obxectivos fixados tras a xornada turismo activo celebrada en Ourense

Medio centenar de expertos constataron o enorme potencial de Galicia para o desenvolvemento deste tipo de turismo Profesionalización e estruturación do sector e a da súa […]
22 de Xuño de 2017

Ourense acollerá unha xornada de competitividade, promoción e comercialización do turismo activo en Galicia

O Balneario Caldaria-Laias, en Cenlle, será a sede da xornada, que se celebrará o próximo 29 de xuño Con tres relatorios marco e unha mesa de […]