As empresas que integran a Asociación de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza, AGETAN, renovaron a súa Xunta Directiva nun encontro no que tamén se elixiu novo presidente, Pablo López, que releva no cargo a Agustín Rico.

A asemblea xeral, celebrada no Hotel Oca Porta do Camiño de Santiago de Compostela tivo como punto principal da orde do día a renovación da súa Xunta Directiva, seguindo o establecido nos estatutos da asosociación que pasa agora a quedar presidida por Pablo López Franco, da empresa de turismo activo radicada en Paderne, Marmar Outdoor SL.

Xunto a el, foron designados como secretaria Amelia García, da empresa Atlantis Adventure, e como tesoureiro Felipe Martinez da empresa viveiresa Roq Sport. Danlle así a substitución á anterior Xunta Directiva presidida por Agustín Rico, da empresa Galaica Aventura, e na que Pablo Maciñeira, de Ortegal Surf Escola ocupaba o cargo de secretario e Esteban Troitiño, de Desafío Lecer, o de tesoureiro, e que deixan como legado anos dun crecemento exponencial da Asociación, exitosos proxectos como Galicia Destino Activo, ou a firma do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e AGETAN como única entidade da Comunidade Autónoma que aglutina ás empresas de turismo activo de Galicia, para a implementación da medida 24 do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID -19.
Na reunión tratáronse ademais outros temas de interese, como aspectos relativos precisamente á execución do devandito Convenio, algúns de xestión interna da asociación, como o acordo para modificación dos Estatutos para a incorporación das figuras dos Vogais, e outros relativos á situación actual do sector do turismo activo en Galicia e o seu regulamento e ordenación, aspectos aos que AGETAN dedica grandes esforzos.

A nova directiva afronta agora con ilusión e dedicación unha nova etapa na que buscarán consolidar os logros conseguidos, co firme propósito de situar o sector do turismo activo en Galicia como un referente no seu ámbito. Con este propósito, desde a asociación convídase a todas aquelas empresas de turismo activo situadas en territorio galego a contactar (infoagetan@gmail.com) e unirse para conseguir o devandito obxectivo, participando en todas aquelas iniciativas que se realizarán neste ano e os próximos.

26 de Agosto de 2020

AGETAN renova a súa xunta directiva e elixe a novo presidente, Pablo López

As empresas que integran a Asociación de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza, AGETAN, renovaron a súa Xunta Directiva nun encontro no que tamén […]
29 de Abril de 2020

A crise do COVID-19 golpea fortemente ao sector do turismo activo galego

AGETAN presenta unha batería de 20 medidas para a reactivación das empresas deste sector A Asociación galega de empresas de turismo activo, aventura e natureza (AGETAN) […]
29 de Outubro de 2019

Un total de 24 turoperadores bilbainos participaron no workshop de presentación dos produtos de Galicia Destino Activo

A pesares de dispor de espazos espectaculares para a práctica destes deportes e profesionais altamente cualificados, Galicia non era principalmente recoñecido como destino de turismo activo. […]
01 de Outubro de 2019

AGETAN celebra un encontro para analizar o novo decreto de Turismo Activo de Galicia que a Xunta acaba de elevar a exposición pública

As empresas asociadas a AGETAN reuníronse este mércores para reflexionar sobre o estado do sector e incidir na súa ordenación. Con motivo da exposición pública do Proxecto de […]