O selo Galicia Destino Familiar entrega os seus 27 primeiras acreditacións ás empresas especializadas neste segmento de mercado

ACTIVIDADES

O selo Galicia Destino Familiar entrega os seus 27 primeiras acreditacións ás empresas especializadas neste segmento de mercado

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, permite agrupar e pór en valor a oferta turística dirixida ás familias coa que xa conta Galicia

O acto de entrega foi clausurado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro

O programa Galicia Destino Familiar, impulsado polo Cluster Turismo de Galicia en colaboración co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), a Asociación Rede Galega de Albergues Turísticos (AGALBER), Viaxes Fisterra S.L.U. e o Hotel Baía de Vigo S.A. fixo entrega esta mañá na Cidade da Cultura en Santiago das primeiras acreditacións ás empresas que se adheriron con éxito a esta iniciativa, dirixida a agrupar a oferta especializada no segmento familiar en Galicia.

Un total de 27 empresas, entre aloxamentos, restauración, axencias de viaxes e de actividades complementarias, recolleron unha placa que poderán situar no exterior do seu establecemento e que os acredita como membros deste proxecto posto en marcha o ano pasado para a posta en valor deste segmento de mercado para Galicia. En concreto foron 19 aloxamentos, 5 empresas de actividades complementarias, dúas axencias de viaxes e un restaurante os primeiros que se adheriron ao programa, o que lles permite subir as súas propostas e ofertas especialmente dirixidas ás familias que eligan Galicia como destino turístico.

O acto, que contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, serviu tamén para facer balance deste segundo ano de funcionamento do selo, que conta cunha web, app oficial e presenza en redes sociais, o que permite dar maior difusión ás novidades que van xurdindo en torno ao turismo familiar. Neste sentido, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, destacaba precisamente a importancia do desenvolvemento deste tipo de iniciativas, que nacen co obxectivo de servir de aval tanto para os clientes como para o sector, contribuíndo a fidelizar ao público obxectivo deste proxecto. Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia agradeceu a posta en marcha deste proxecto que demostra o compromiso do sector pola calidade e pola especialización, ?este tipo de iniciativas que xa agrupan máis de 3000 camas en aloxamentos especializados neste segmento de mercado, axúdannos a ser máis competitivos e a seguir crecendo? asegurou.

E é que Galicia ten moito potencial como destino turístico para as familias, un perfil de visitantes moi interesante para as características do turismo que se está desenvolvendo no noso territorio ao tratarse de viaxeiros que consomen unha ampla gama de produtos e servizos interconectados entre si (aloxamento, restauración, turismo activo, parques temáticos, etc.), xeralmente fidelizados e que exercen de bos prescriptores, que rexistran estancias superiores á media e que busca destinos adaptados ás necesidades de todos os membros do grupo, sendo clave o poder de decisión que teñen os nenos na elección.

Segundo o estudo de mercado de Pautas de Consumo Turístico das Familias, realizado pola Federación Española de Familias Numerosas, Galicia sitúase como a cuarta comunidade autónoma española preferida polas familias para as súas viaxes en época estival, unhas familias que gastan ao ano en España un total de 15.870 millóns de euros.