Consellos para un verán circular nos establecementos aloxativos

Consellos para un verán circular nos establecementos aloxativos

  • As tres R: reducir, reutilizar e reciclar, son as tres claves dun verán perfecto nos aloxamentos.

A chegada do verán supón un aumento de turistas na nosa comunidade autónoma. Segundo o balance anual de Turismo en Galicia de 2023, a demanda turística nos establecementos regrados en 2023 aumentou nun 6,6% con respecto ao ano anterior, recuperando e incluso superando os datos previos á pandemia. Por elo, reducir o impacto ambiental dos nosos establecementos é fundamental para a preservación do medio ambiente.

 

Os pequenos cambios nos establecementos aloxativos poden ter un gran impacto na redución de residuos e consumo de materiais na industria hoteleira, neste artigo ofrecémosche algunha recomendación para promover un verán máis circular no teu aloxamento:

 

  • Aposta por bolsas de lavandería reutilizables: as bolsas de lavandería nas habitacións de hotel a miúdo non se utilizan para este propósito e teñen unha vida útil moi curta. Por exemplo, un hotel de 4 estrelas rexistrou un consumo de 6.321 bolsas de plástico nun ano, recibindo só 101 solicitudes de servizo de lavandería. Isto equivale a 2,958 m2 de material plástico, suficiente para cubrir 11,5 pistas de tenis!
  • Reducir o uso de plástico na lavandería: aínda que poida parecer insignificante, o filme plástico que envolve as sabas e toallas proporcionadas polo provedor de lavandería pode xerar unha cantidade de residuos substancial.
  • Reutilizar e reciclar alfombras e moquetas: cada ano prodúcense aproximadamente 4,5 billóns de metros cadrados de moquetas en todo o mundo, e gran parte delas termina en entulleiras ou é incinerada.
  • Alongar a vida útil do mobiliario, optimizar a xestión dos produtos de cortesía, optar por solucións recargables ou evitar os produtos sobreembasados son algúns dos pequenos cambios que poden marcar a diferenza do noso establecemento para que deixe unha pegada na alma dos nosos usuarios e non na terra.

 

Un Club de Produto para as empresas turísticas sostibles

 

Poñer en funcionamento estas prácticas non só contribúe a unha contorna máis limpa e sostible, senón que tamén aliña aos establecementos no seu compromiso por un turismo sostible e de calidade. A marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ é un exemplo diso. Esta iniciativa fai do turismo unha actividade responsable, que busca a sustentabilidade integral desde o punto de vista ambiental, social e económico. O seu obxectivo é agrupar a empresas dos principais ámbitos do turismo de Galicia que teñen como motivación común o cumprimento dos ODS a través das boas prácticas.