Clúster Turismo Galicia

Aprobouse un plan de accións que inclúen accións de apoio e asesoramento ás empresas para o proceso de reactivación do sector

O máximo órgano da entidade aprobou tamén 6 proxectos que se van a levar a cabo no marco do concurso de ideas

A Asemblea Xeral do Clúster Turismo de Galicia, o máximo órgano de goberno desta entidade, aprobou esta mañá o orzamento co que se xestionará a entidade no exercicio 2020, ademais de dar conta definitiva das contas de 2019, das xestións levadas a cabo ao longo deste primeiro semestre e aprobar a proposta do plan de actividades para o que resta de ano.

Un ano marcado profundamente pola crise da COVID19 que tinguiu tanto o balance como a análise da situación do cojunto do sector turístico galego que avaliou o grave roto que está a ocasionar a pandemia na economía dun sector que se atopa agora nunha situación de incerteza e de difícil equilibrio económico no que se moven as empresas.

Así, nun exercicio profundamente marcado pola pandemia que supuxo un envorco radical á proposta de traballo coa que se partía a comezos de ano, a secretaría técnica debullou a proposta do plan de actividades, adaptado á presente situación, e o orzamento para o presente exercicio que ascende a un total de 970.350 euros, o que supón un incremento do 2,5% con respecto ao exercicio pasado, unha cifra que xa inclúe as cotas que os asociados que se incorporaron neste exercicio ao orzamento.

Accións adaptadas á nova situación
Entre as novidades que expón a proposta de actividades para este exercicio destaca a posta en marcha de dúas vinculadas ao labor de asesoramento e apoio ás empresas turísticas no proceso de reactivación tras a pandemia: o programa Turismo 100X100, que se porá en marcha en virtude dun convenio pendente de asinar coa Consellería de Cultura e Turismo, suporá a posta en marcha dun servizo de asesoramento e apoio ás empresas ante as necesidades derivadas da crise da COVID19, ofrecéndolles axuda na definición de novos modelos de negocio, procura de oportunidades, acceso a financiamento así como unha serie de accións encamiñadas a garantir a súa supervivencia empresarial e mesmo a xestión do cambio.

A segunda das novidades é a posta en marcha dunha acción de apoio á implantación do Bono Turístico #QuedamosenGalicia, apoiando ás empresas na adhesión, difundindo o programa e fomentando a adhesión á proposta que foi incluída a petición do sector no Plan de Reactivación turística aprobada pola Xunta de Galicia. De igual maneira que co programa Turismo 100×100, o convenio para a posta en marcha desta acción está pendente de formalizarse coa Consellería.

Accións de promoción e comercialización turísticas

En canto á maior partida do orzamento, é a que vai destinada ao capítulo de promoción e comercialización de Galicia como destino turístico, a través do convenio trianual que o Clúster asinou coa Consellería o ano pasado e que supón unha dotación de medio millón de euros con carácter anual. A través del o CTG leva a cabo actuacións encamiñadas á mellora da comercialización dos produtos turísticos de Galicia, accións de promoción e difusión dos recursos turísticos así como mellora do coñecemento da oferta de produto turístico comercializable e creación de produto turístico cabeceira de marca, que se está adaptando conforme ás novas necesidades do sector.

Do mesmo xeito, o orzamento inclúe tamén os convenios anuais de impulso da Q de Calidade turística, apoio ao asociacionismo e un convenio coa Deputación de Pontevedra para a realización dunha xornada orientada ao sector turístico galego.

Presentación dos proxectos aprobados no Concurso de Ideas

Finalmente na Asemblea tamén se deu conta dos proxectos aprobados no marco do Concurso anual de Ideas convocado polo Clúster Turismo de Galicia, cuxos prazos de actuación e obxectivos tamén se viron modificados como consecuencia da pandemia.

Os proxectos aprobados que dan continuidade a proxectos inciados outros anos foron: MICE Galicia, que supondró este ano o deseño e organización dunha viaxe de familiarización nacional con polo menos 10 participantes especializados no segmento MICE, incluíndo polo menos a visita ás cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña; Enoturismo Galicia, no que se desenvolverá unha campaña de publicidade de Enoturismo Galicia no norte de Portugal, tomando como referencia a campaña ?Alma, corazón e Viño? deseñada no marco do concurso de ideas de 2018; Galicia Destino Familiar, coa consolidación de produto turístico orientado ao turismo familiar e pondo en marcha novas accións de comunicación para potenciar o posicionamento da marca entre o público final; Un Descanso nos Camiños, iniciado o ano pasado e co que se busca a consolidación, posicionamento, difusión e impulso á comercialización do proxecto e Galicia Destino Golf, que organizará unha viaxe de familiarización en Galicia, con polo menos 7 participantes (prescriptores) portugueses especializados no sector do golf, no que os participantes visitarán os principais campos de golf.

Como novidade para este ano aprobouse tamén un último proxecto, Galicia Experience, que suporá a creación dunha nova canle de comercialización da oferta de recursos adheridos baixo a marca Galicia Experience.

07 de Xullo de 2020

O Clúster Turismo de Galicia aproba o seu orzamento anual marcado polo impacto do coronavirus no sector

Aprobouse un plan de accións que inclúen accións de apoio e asesoramento ás empresas para o proceso de reactivación do sector O máximo órgano da entidade […]
01 de Decembro de 2017

O selo Galicia Destino Familiar entrega os seus 27 primeiras acreditacións ás empresas especializadas neste segmento de mercado

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, permite agrupar e pór en valor a oferta turística dirixida ás familias coa que xa conta Galicia O […]
18 de Abril de 2017

Satisfacción do sector cunha Semana Santa que superou as expectativas

Co obxectivo de coñecer o comportamento do sector turístico galego durante a Semana Santa 2017, o Clúster de Turismo de Galicia realizou entre asociados sondaxes antes […]
23 de Febreiro de 2017

O TIC ao servizo da innovación no sector turístico abriron o programa #UpDatePeme

Impulsada pola AMTEGA en colaboración co Clúster a primeira xornada celebrada na Cidade da Cultura contou coa participación do director de I+D+i de Segittur, Enrique Lancis. Co […]