Co obxectivo de reducir a brecha entre a tecnoloxía existente e a aplicada nas empresas, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) pon en marcha o programa #UpDatePeme, que abarcará cinco sesións, dunha hora de duración, nas que catro empresas mostrarán un produto ou servizo tecnolóxico de utilidade para o colectivo. A primeira das sesións baixo o título Como a dixitalización pode axudar ás empresas turísticas terá lugar o próximo 23 de febreiro no Edificio CNIC na Cidade da Cultura e centrarase no sector turístico. A esta xornada seguiralle outras catro centradas en contidos dixitais, sector primario, autónomos e novos empresarios.
Nas sesións trataranse temas como consolidadores, seguimento de prezos, social media, comercio electrónico, CMS, creación de páxinas web, etc. As sesións complementaranse con gravacións de cada unha das intervencións e artigos divulgativos sobre a aplicación das tecnoloxías mostradas, así como a elaboración dun catálogo de aplicacións que poida ser consultado polas empresas na web do Centro. Ademais, os relatores deixarán fíos, cuestións de interese, para que os participantes poidan tirar e, desta forma, espertar o interese da empresa e que sexa esta a que decida afondar ou pedir máis información do produto ou servizo.
O programa, integrado nas actividades do Centro Demostrador TIC da Amtega, ten aberto xa o seu prazo de inscrición a través del enlace https://cdtic.xunta.gal/updatepeme-turismo para a celebración da primeira xornada. As prazas son limitadas e a inscrición, de balde.
PROGRAMA
19.00 Apertura e presentación
19.05 Aplicación das novas tecnoloxías na comercialización turística. Enrique Lancis
19.30 Mesa moderada polo Clúster Turismo de Galicia
-Consolidadores na distribución turística. Diego Otero de Abramar viaxes
– Comunicación 2.0 para turistas. Merchi Rodal de Apartamentos Rodeiramar 2A
– Coñece os sistemas de seguimento de prezos nas distintas canles de comercialización. Óscar Fontán do Hotel Oca Porta do Camiño
– Descobre ferramentas de venda tecnolóxica para a reserva dun hotel. Rafael Benito do Hotel Hesperia Finisterre da Coruña
20.20 Rolda de preguntas e debate