Formacion

O plan de formación no que se encadra este programa continúa esta semana con seminarios e talleres en Monforte, Sanxenxo e Lugo

Un total de 23 directivos de diferentes empresas do sector turístico de Galicia comezaron esta semana un programa superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas que se desenvolverá ao longo de 120 horas ata o próximo 16 de novembro. O programa, que se desenvolve na Cidade da Cultura en Santiago, comezou cunha Masterclass impartida por Jimmy Pons, responsable de Innovación no Grupo BlueBay e experto en innovación turística, sobre a necesidade da innovación en turismo para ser competitivos. O resto das clases estarán a cargo de destacados profesionais con ampla experiencia en consultoría e xestión de empresas turísticas como José Miguel Alarcón, Xosé Luís Reza, Patricia Cuevas ou Diego Fernández Pérez de Poga.

Formación continuada
Ademais do programa superior, continúan os talleres de formación dentro do Plan de Formación con actividades formativas que esta semana se desenvolven en Monforte d eLemos, Sanxenxo ou Lugo. As persoas interesadas en asistir poden consultar o contido deste programa e do resto das actividades incluídas no calendario formativo e inscribirse nelas a través da web www.iffe.es/turismo

17 de Outubro de 2017

Directivos do sector turístico participan na segunda edición do Programa Superior de Dirección e Xestión Empresarial impulsada polo CTG

O plan de formación no que se encadra este programa continúa esta semana con seminarios e talleres en Monforte, Sanxenxo e Lugo Un total de 23 […]
10 de Outubro de 2017

Sanxenxo acolle a xornada profesional “Turismo e novas tecnoloxías: Innovación e transformación dixital do turismo”

Impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o prazo de inscrición xa está aberto Dirixido a empresas turísticas, provedores dixitais e […]
09 de Outubro de 2017

O Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia supera o ecuador con talleres e seminarios celebrados en dez localidades

Compostela acolle a partir da próxima semana o Programa Superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas Ribadeo, Vigo e Santiago de Compostela foron as localidades […]
21 de Setembro de 2017

Unha trintena de profesionais turísticos de Vigo e Pontevedra amplían a súa formación en inglés e novas tecnoloxías

A través dos programas de formación impulsados polo Clúster Turismo de Galicia que se imparten estes días en ambas as cidades Os cursos, de carácter gratuíto, […]