Haberá tres tipos de bonos, para os que a Xunta achegará, respectivamente, 150, 225 e 300 euros

Xerar actividade e promover a reactivación do sector turístico son os obxectivos que levaron á Xunta a ampliar o bono turístico “Estamos en Galicia” cunha nova dotación económica e a dirixilo a todas as persoas residentes na Comunidade Autónoma.
O bono “Quedamos en Galicia” foi unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia que en 2020 estaba dirixido a traballadores do sector público en saúde e servizos sociais. Preto de 20.000 persoas beneficiáronse desta iniciativa, na que participaron 560 empresas e establecementos turísticos.
Nesta prórroga, que se aprobou hoxe no Consello de Goberno da Xunta, os beneficiarios serán as persoas maiores de 18 anos con residencia en Galicia que o soliciten. Os vales outorgaranse por orde de entrada das solicitudes.
Haberá tres tipos de bonos: un por 250 euros (150 pagados pola Xunta e 100 polo beneficiario); outro de 375 euros (225 pagados pola Xunta e 150 polo beneficiario); e o terceiro de 500 euros (300 achegados pola Xunta e 200 polo beneficiario).

11 de Marzo de 2021

A Xunta dedica 6,8 millóns de euros a estender a bonificación “Quedamos en Galicia” a todas as persoas maiores de idade que residan en Galicia

Haberá tres tipos de bonos, para os que a Xunta achegará, respectivamente, 150, 225 e 300 euros Xerar actividade e promover a reactivación do sector turístico […]
17 de Febreiro de 2021

Convocatoria de axudas para eventos de turismo de negocios

Terán unha dotación global de 650.000 euros, distribuídos en axudas de entre 5.000 e 30.000 euros   O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución […]
05 de Febreiro de 2021

O DOG publica novas axudas para melloras nos establecementos e a Xunta explica o segundo plan de rescate

A Axencia de Turismo de Galicia destinará 3,5 millóns a melloras aos negocios de restauración e aloxamento, ademais dos 75 millóns que se incluirán no segundo […]
22 de Xaneiro de 2021

O Clúster reunirá ás Administracións arredor dunha mesa para propoñer medidas que permitan que o turismo e a hostalería sigan vivos ata que chegue a recuperación

Convocou a Xunta, ás catro deputacións e a FEGAMP para o luns en Santiago Despois das sucesivas manifestacións separadas sobre a vontade de emprender medidas coordinadas […]