• As empresas galegas desprazadas a Inglaterra mantiveron máis dun cento de encontros co fin de promocionar os seus produtos e o destino Galicia.
  • A feira internacional contou coa participación de 4.560 compradores cualificados e coa realización de 29.077 reunións acordadas previamente.

 

Conclúe a misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres cun bo número de encontros profesionais, con máis dun cento de reunións e novos contactos realizados. A feira internacional celebrouse en Londres entre o 5 e o 7 de novembro no centro de exposicións ExCeL.

 

Galicia foi unha das comunidades que se integrou na caseta de TurEspaña, onde a Axencia Turismo de Galicia tivo un espazo promocional, no que á súa vez reservou unha zona de reunións que o Clúster Turismo de Galicia puxo ao dispor dos participantes na misión comercial desta feira, unha das citas máis importantes do calendario internacional.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal; o vicepresidente, Jesús Picallo; o tesoureiro, Alfonso Martínez; e o vogal, Francisco González, encabezaron esta misión integrada por unha decena de empresas e entidades: Tee Travel, Mega Mundo Estrella Galicia, Carris Hoteles, Hotel Carlos I, Pilgrim Travel, Artnatura Galicia, Viajes Interrías, Oca Hotels, Viajes Camino de SantiagoHotel Pazo de los Escudos.

 

A xornada inaugural permitiulles intercambiar impresións cos máximos responsables da delegación española: o ministro de Turismo, Héctor Gómez, e a secretaria de Estado para o Turismo, Rosana Morillo. Ademais disto, puideron conversar co alcalde de Málaga, Francisco de la Torre Prados.

 

O director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, sinalou a importancia deste segmento de mercado, que este ano acadou os mellores datos desde que se teñen rexistros. O inglés é o quinto mercado internacional máis importante para Galicia, cunha demanda hoteleira que está medrando especialmente fóra da tempada alta.

15 de Novembro de 2023

Proveitosa misión comercial do Clúster á WTM de Londres

As empresas galegas desprazadas a Inglaterra mantiveron máis dun cento de encontros co fin de promocionar os seus produtos e o destino Galicia. A feira internacional […]
07 de Novembro de 2023

O sector turístico galego, presente na WTM de Londres

A feira internacional de turismo celébrase na capital inglesa do 6 ao 8 de novembro. Unha decena de empresas forman parte da misión comercial do Clúster. […]
30 de Outubro de 2023

Clúster e Turismo de Galicia organizan 20 mesas de traballo para coñecer a situación actual do sector turístico

As mesas de traballo permitirán recompilar información para elaborar un diagnóstico do sector. Os interesados en participar nalgunha das mesas poden inscribirse a través do portal […]
24 de Outubro de 2023

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo realizarán un diagnóstico participativo para coñecer a situación do sector en Galicia

Está previsto que o proceso comece esta semana coa consulta aos axentes do sector a través de mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega. […]