O Clúster do Turismo de Galicia asumirá a tarefa de elaborar o próximo Plan Estratéxico do Turismo de Galicia, no que se establecerán os eixos fundamentais de actuación nesta materia para o catro próximos anos. O ente que representa ao 95% do sector turístico galego asume este labor en virtude do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia que lle faculta para elaborar en colaboración coa administración pública a nova folla de ruta que dá a substitución ao PITGA que até agora marcara as directrices de desenvolvemento turístico do noso destino entre 2014 e 2016.

A elaboración deste Plan Estratéxico supón, ademais dunha encomenda crucial para establecer as liñas de desenvolvemento que determinarán a evolución do noso sector até 2020, un feito pioneiro non só en Galicia se non no resto do Estado xa que é a primeira ocasión na que a administración autonómica encomenda ao sector a elaboración do seu Plan Estratéxico en materia turística.

Esta circunstancia que sitúa a Galicia como pioneira nesta tarefa foi posible grazas ao traballo realizado conxuntamente nos últimos 2 anos entre a administración pública e o sector e constitúe un paso máis na sólida colaboración público-privada establecida entre a administración e o turismo galego.

Para a execución do PETGA, Turismo de Galicia asignou un orzamento de 150.000 euros que permitirán ao sector traballar da man de Turismo de Galicia para para establecer os eixos fundamentais sobre os que o destino Galicia debe seguir situándose como potencia turística internacional e como destino turístico de excelencia. Desde o Clúster Turismo de Galicia os seus responsables fixeron fincapé nesta oportunidade única para o sector que, a través do traballo conxunto destes dous últimos anos, conseguiu ser recoñecido pola administración pública como “unha ferramenta indispensable para planificar e promocionar o turismo en Galicia”, polo que traballarán de forma coordinada para levar adiante este plan, imprescindible para o futuro do sector turístico en Galicia.

Pola súa banda a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, afirmou que “será inestimable contar co apoio do Clúster e de cada unha desas 6.727 empresas turísticas que o conforman” para a redacción deste novo Plan e explicou que se están superando os obxectivos turísticos marcados para este ano no que a nosa Comunidade espera superar os 5 millóns de visitantes . Nesta liña, aseverou que “para conseguir unha meta ambiciosa é imprescindible escoitar ao sector? polo que este novo Plan Estratéxico será froito da colaboración entre a Administración pública e o sector turístico, representado fielmente no Clúster, que aglutina ao 95% das empresas turísticas galegas”. Desta maneira, realizarase “unha fidedigna análise do sector e o seu diagnóstico escoitando as súas necesidades”, afirmou.

02 de Maio de 2016

O Clúster Turismo de Galicia asume a elaboración do Plan Estratéxico do Turismo de Galicia 2017-2020

O Clúster do Turismo de Galicia asumirá a tarefa de elaborar o próximo Plan Estratéxico do Turismo de Galicia, no que se establecerán os eixos fundamentais […]
02 de Maio de 2016

Xornada de clausura en Riveira do Plan de Formación da FEB no Barbanza

Co relatorio “Por que compramos o que compramos? Como o emocional vence ao racional nas decisións de compra” a Federación de Empresarios do Barbanza clausurou o […]
25 de Abril de 2016

O CTG confía na axilidade da Xunta para aprobar o Decreto que regule as Vivendas de Uso Turístico

O Clúster Turismo de Galicia, en relación ás manifestacións que diferentes asociacións provinciais do sector turístico han feito estes últimos días, confía en que a Xunta […]
21 de Abril de 2016

O Clúster de Turismo lanza o seu concurso de ideas para executar proxectos turísticos conxuntos en 2016

Os proxectos deberán ser presentados antes do 20 de maio para o seu desenvolvemento por parte do Clúster Turismo de Galicia antes de novembro de 2016 […]