O presidente do Clúster participou nun foro sobre o sector celebrado na Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense.

 

A directora de Turismo de Galicia explicou na inauguración da sesión que no primeiros oito meses deste ano o turismo rural aumentou o número de viaxeiros nun 49 % e as noites pasadas nun 29 %.

 

A situación do turismo rural e os seus retos e perspectivas de futuro centraron o foro celebrado o mércores 16 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e no que o presidente do Clúster Turismo de Galicia tivo un papel destacado. Cesáreo Pardal foi un dos encargados de intervir no acto inaugural xunto coa directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; a decana de Ciencias Empresariais e Turismo, Mª Montserrat Cruz; a xerente do Inorde, Emma González; e o coordinador do foro e do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde, Jose Antonio Fraiz Brea.

 

Ademais, unha vez que o codirector do Observatorio do Turismo Rural en España, Enric López, presentou os datos que o organismo xuntou deste sector en Galicia, Cesáreo Pardal, participou nunha mesa redonda co propio López, o investigador do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela Fidel Martínez, e o presidente da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), Francisco Almuíña.

 

O presidente do Clúster aproveitou a súa participación neste Foro de Turismo Rural para reivindicar a importancia do turismo rural galego como referente de sustentabilidade e calidade. Cesáreo Pardal lembrou que “dos 31 aloxamentos rurais que teñen o distintivo Q de Calidade Turística en España, o 61 % están na nosa comunidade” e destacou tamén como esta opción turística desempeñou durante a pandemia e segue a desempeñar agora un importante papel como alternativa para os que buscan gozar de espazos naturais e lugares non masificados e do valor engadido que lles ofrece o turismo rural.

 

Tamén se referiu aos retos e as estratexias que debe afrontar o sector para consolidar a súa tendencia á alza: a aposta pola sustentabilidade e a conservación da contorna e o patrimonio, a procura de fórmulas que permitan superar a estacionalidade e atraer clientes fóra da tempada alta, o avance na dixitalización das canles de venda e promoción dos seus produtos, a internacionalización a través de alianzas con outros actores para atraer clientes doutros países, e a especialización dos aloxamentos con experiencias únicas que lles permitan diferenciarse. Respecto diso, apuntou que estes aspectos xa aparecen recollidos no Plan Director 2021-23 elaborado desde o Clúster en colaboración coa Administración galega e en iniciativas como o Club de Produto Galicia Destino Sostible, que comezou a súa andaina este verán.

 

Pola súa banda, a directora da Axencia Turismo de Galicia fixo fincapé nos bos resultados que colleitou o turismo rural galego no primeiros oito meses desta ano ao alcanzar os 147.000 viaxeiros aloxados e sumar 287.000 noites pasadas, o que supón un incremento do 49 % e o 29 %, respectivamente, con respecto ás cifras do 2021. Nava Castro destacou tamén o gran potencial deste sector para estimular o crecemento da economía local, ao complementarse con outras actividades, e a súa capacidade para promover que a actividade turística se estenda por todo o territorio e máis aló dos períodos de maior demanda.

 

16 de Novembro de 2022

Cesáreo Pardal pon en valor a calidade e a sustentabilidade do turismo rural galego

O presidente do Clúster participou nun foro sobre o sector celebrado na Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense.   A directora de Turismo de […]
27 de Outubro de 2022

Os beneficios da biomasa para o sector turístico centrarán unha xornada informativa o 3 de novembro

O Clúster Turismo de Galicia e o Clúster da Biomasa de Galicia organizan conxuntamente esta actividade que se desenvolverá en formato en liña.   A participación […]
25 de Outubro de 2022

Medio centenar de empresas e unha trintena de produtos integran xa o Club Galicia Destino Sostible, que puxo en marcha o Clúster Turismo de Galicia no mes de xullo

O seu obxectivo é axudar ao sector a avanzar cara a un novo modelo turístico máis aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e […]
11 de Outubro de 2022

Cesáreo Pardal fue el encargado de cerrar la primera de las dos jornadas organizadas por la Amtega y la Agencia Turismo de Galicia. Explicó que “ahora toca aprovechar al máximo el potencial de las tecnologías disruptivas que marcan esta nueva década, como el Big Data, la Inteligencia Artificial o el 5G”. El presidente del Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, es una de las voces autorizadas del sector turístico a la que recurrieron la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (Amtega) y la Agencia Turismo de Galicia para tomar la palabra en los Foros EDIT y analizar la importancia y la implantación de los Destinos Turísticos Inteligentes como herramientas para asegurar el futuro del sector en el ámbito de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal. Durante dos jornadas, representantes de la administración, la empresa, el ámbito de la investigación y académico, los centros tecnológicos y otros agentes relacionados con el turismo analizaron en la Ciudad de la Cultura sobre cuestiones como la sostenibilidad, el análisis del datos en la planificación turística, la colaboración entre Galicia y el Norte de Portugal y las experiencias tecnológicas en el ámbito privado. Para cerrar la primera de las dos jornadas, la del pasado lunes día 10, los organizadores de los Foros EDIT recurrieron a la directora del Área de Competitividad de Turismo de Galicia, Ana Lestido, y al presidente del Clúster, quien en su intervención reivindicó la importancia de la sostenibilidad y de la digitalización para afrontar los nuevos retos y asegurar el futuro del sector turístico gallego. Cesáreo Pardal explicó también que el turismo inteligente, la sostenibilidad y la adaptación a la nueva realidad tras la pandemia son tres de los ejes principales del Plan Director Galicia Destino Seguro 2021–2023 que el Clúster ha elaborado en colaboración con la Xunta de Galicia, las tres universidades gallegas y la industria turística. Asimismo, el presidente del Clúster apuntó que Galicia ya ha venido dando pasos por la senda de la digitalización en los últimos años con iniciativas como las plataformas Turespazo y Smart Camiño o la aceleradora de turismo Turislab, y señaló que la aportación tecnológica ha estado también muy presente en acciones emprendidas ya durante la pandemia para paliar sus efectos sobre el sector, como fueron los bonos turísticos Quedamos en Galicia. “Ahora toca aprovechar al máximo el potencial de las tecnologías disruptivas que marcan esta nueva década, como el Big Data, la Inteligencia Artificial o el 5G. Su aplicación permitirá mejorar el conocimiento de los perfiles de los viajeros y de los posibles clientes, la gestión de experiencias y reservas, la promoción o la comunicación”, ha apuntado también Cesáreo Pardal en su intervención.

Cesáreo Pardal foi o encargado de pechar a primeira das dúas xornadas organizadas pola Amtega e a Axencia Turismo de Galicia.   Explicou que “agora toca […]