coronavirus

Poderán chamar ao 900 815 334 de luns a venres de 10 a 14h. e de 16h a 20h. ou enviar un correo electrónico a info-galiciadestinoseguro@xunta.gal

No marco da iniciativa Galicia, destino Seguro, a Xunta habilitou desde esta semana un teléfono gratuíto dirixido ao sector turístico galego para resolver as posibles dúbidas que poidan xurdirlles en materia de seguridade sanitaria. Así, as empresas e profesionais que o necesiten poderán chamar ao 900 815 334 de luns a venres, de 10h a 14h e de 16h a 20h. ou enviar un correo electrónico á dirección info-galiciadestinoseguro@xunta.gal.

Este teléfono gratuíto permitirá dar unha resposta áxil e precisa ás cuestións formuladas polas empresas e traballadores do sector en materia hixiénico-sanitaria. O servizo enmárcase no programa Galicia destino seguro para a mellora da formación, asesoramento e apoio económico ás empresas desta industria co obxectivo de favorecer a súa adaptación á nova realidade e impulsar Galicia como un destino fiable e de calidade.

Esta iniciativa forma parte do Plan de reactivación do sector turístico, que conta cunha dotación global de 27 millóns de euros e preto de medio centenar de medidas para minimizar o impacto da crise sanitaria e favorecer a súa reactivación.

01 de Xuño de 2020

Habilitado o teléfono gratuíto da Xunta para resolver dúbidas do sector turístico sobre seguridade sanitaria

Poderán chamar ao 900 815 334 de luns a venres de 10 a 14h. e de 16h a 20h. ou enviar un correo electrónico a info-galiciadestinoseguro@xunta.gal […]
27 de Maio de 2020

A Cehat únese a Hostalaría de España na súa aposta por un selo propio para os aloxamentos baixo márcaa Aloxamento Seguro

A Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos e Hostalaría de España únense para garantir a seguridade sanitaria mediante un acordo que propiciará a creación do […]
25 de Maio de 2020

Restauración amplía os seus espazos de servizo, baños na praia e paseos en grupo, Galicia entra en fase 2

Bares e restaurantes abren ao 40% da súa capacidade e a Xunta prevé elevar a porcentaxe á metade o vindeiro luns Bares, cafetarías e restaurantes estrea […]
23 de Maio de 2020

Xa podes descargar os manuais de recomendacións fronte á COVID 19 da Xunta de Galicia para o sector turístico galego

Tanto na web de Turismo de Galicia como na do propio Clúster, está a disposición de empresas e profesionais do sector turístico os 11 manuais con […]