coronavirus

A presidenta da Deputación anuncia un plan de reactivación turística dotado con 3,5 millóns de euros

Como sector fundamental para a provincia, tal e como o valorou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a Deputación presentou o seu Plan de Reactivación do Turismo dotado con 3,5 millóns de euros co que o ente supramunicipal busca “dar respostas ás necesidades do sector turístico da provincia ante a importancia de sumar esforzos entre o tecido empresarial e as distintas administracións”.

A presidenta detallou ademais que se trata dunha iniciativa transversal con medidas concretas vertebradas en cinco eixos centrais: aspectos legais e financeiros para garantir a solvencia financeira ás empresas; prevención, seguridade, saúde e hixiene, con formación e adopción de protocolos de garantía sanitaria; dixitalización e competitividade, con actuacións encamiñadas a converter ao TIC en ferramentas de xestión do sector turístico, tanto para os concellos como para o sector persoal; fomento da demanda de produtos e servizos turísticos coa posta en marcha de accións para reactivar o consumo local e estimular a atracción de turistas en todas as comarcas da provincia e, por último, promoción do destino Rías Baixas co impulso dun paquete de comunicación e comercialización a nivel galego e nacional, así como tamén en Portugal, cunha campaña “ligada á proximidade e centrada na promoción da provincia como destino seguro, de natureza, de cultura e onde gozar con toda a confianza”, explicou Silva.

Na súa elaboración involucrouse tanto a Deputación como a Mesa Provincial de Turismo como concellos e o propio sector turístico, a través de enquisas que permitiu coñecer a situación real do sector definida pola paralización da actividade e limitacións na mobilidade, a necesidade de liquidez das empresas, os propios ERTE, a crise de confianza, os novos hábitos de consumo e a perda de poder adquisitivo das familias”.

Ante esta situación o plan fai fincapé na necesidade de centrarse na saúde, hixiene e seguridade; nos ODS, na innovación e dixitalización e no turismo de experiencias asociado á natureza e a sustentabilidade. Ademais, o plan recolle a necesidade de apostar por un incremento da venda online con flexibilidade, na seguridade e confianza no transporte público e na necesidade de crear un modelo de xestión e gobernanza turística coordinado a nivel local, nacional e europeo.

O Plan de Reactivación tamén detecta fortalezas e necesidades do sector turístico na provincia de Pontevedra como a necesidade de reforzar márcaa Rías Baixas como destino seguro, a importancia de garantir a viabilidade e supervivencia do tecido empresarial e do emprego, a potenciación e competitividade das persoas traballadoras e empresas e o impulso da demanda e do turismo de proximidade. Tamén contempla catro posibles escenarios, desde un escenario optimista, a un central, de recuperación e de posible rebrote. Aínda que se trata dun documento vivo coa finalidade de adaptarse ás situacións que se poidan dar en cada momento, o Plan parte dun posible escenario de recuperación rápida do turismo nacional e unha recuperación lenta do internacional, cunha caída de visitantes no 2020 do 53,96% e no 2021 do 22,51%.

Enquisa sobre a situación do sector como consecuencia da Covid-19
O estudo realizado no marco do Plan de Reactivación do destino Pontevedra provincia, no que participaron 200 empresas das diferentes comarcas da provincia, destaca que o 47% delas tiñan menos de 6 persoas traballadoras; o 86% das empresas tiveron que deter a súa actividade por completa e soamente un 13% puido manter o 25% da actividade; o 29% tivo que acollerse a un ERTE de forza maior e o 25% por causas produtivas.

De face ao segundo semestre do 2020, o 40% cren que terán menos dun 25% de actividade, un 37% entre un 25-50% de actividade e un 17% que non poderán renovar a súa actividade. As empresas sinalan, ademais, que ampliarán as medidas de prevención, seguridade e protección, reorientarán os seus produtos e servizos e incrementarán a dixitalización de canles de venda. Tamén, a través das enquisas, fixeron fincapé na necesidade dunha maior coordinación entre administracións para a promoción de novos produtos e servizos de proximidade.

30 de Xuño de 2020

O turismo, eixe central das actuacións da Deputación de Pontevedra para os vindeiros meses

A presidenta da Deputación anuncia un plan de reactivación turística dotado con 3,5 millóns de euros Como sector fundamental para a provincia, tal e como o […]
29 de Xuño de 2020

En marcha as prórrogas de ERTE até o 30 de setembro

A medida, que era un clamor unánime por parte do conxunto de sector, afecta tamén aos autónomos, que amplían até setembro as axudas e inclúen os […]
26 de Xuño de 2020

6 de cada 10 españois decidiron xa onde viaxarán este verán

O último informe do Observatorio de Turismo Emisor de España, Observatur, recolle que o 65% dos españois cambiou os seus plans vacacionais de verán por temor […]
24 de Xuño de 2020

Galicia activa un teléfono para visitantes con sintomatología Covid-19

Co obxectivo de extremar as medidas de detección precoz da COVID19 ante a reapertura das fronteiras e o comezo da mobilidade entre provincias, a Xunta activou […]