• As xornadas desenvolveranse o 19 de xuño (India), o 26 de xuño (Bélxica) e 9 de xullo (China).

TurEspaña organiza nas vindeiras semanas tres xornadas formativas para expoñer á oferta turística española as particularidades dos mercados indio, belga e chinés.

 

A primeira delas, na que se presentará o mercado indio, desenvolverase o vindeiro mércores, 19 de xuño, a partir das 11:30 horas. Nela participarán profesionais da Travel Agent’s Association of India (TAFI) e Thomas Cook (India) Limited. O formulario de inscrición pódese cumprimentar a través da seguinte ligazón.

 

A segunda delas, protagonizada polo mercado belga, desenvolverase o mércores, 26 de xuño, tamén de xeito online. A presentación, que comezará a partir das 16:00 horas, está organizada pola Oficina de Turismo en Bruselas. As inscricións están dispoñibles nesta ligazón.

 

A terceira e última, unha xornada de formación sobre o mercado chinés, terá lugar o martes, 9 de xullo, en Madrid. O evento, coordinado pola Oficina Española de Turismo en Cantón (RP de China), celebrarase de xeito presencial na capital española. Na cita participarán diversos profesionais da industria especializados neste mercado emisor. Desenvolveranse  cinco mesas de debate diferentes e un taller práctico sobre redes sociais en China. As prazas presenciais son limitadas e suxeitas a confirmación previa por parte da organización. Para asistir é obrigatorio inscribirse previamente a través deste formulario de inscrición, tanto para a opción online como para a opción presencial.

 

Para máis información e consultas pódese contactar no correo electrónico jornadas.profesionales@tourspain.es.

11 de Xuño de 2024

TurEspaña organiza tres xornadas formativas para reforzar a oferta turística nos mercados indio, belga e chinés

As xornadas desenvolveranse o 19 de xuño (India), o 26 de xuño (Bélxica) e 9 de xullo (China). TurEspaña organiza nas vindeiras semanas tres xornadas formativas […]
11 de Xuño de 2024

Aberta a convocatoria de axudas para a consecución e/ou renovación da Q de Calidade e da S de Sostibilidade Turística

Concedidas en réxime de concorrencia competitiva, a partida está dotada con 210.000 €, dos cales 160.000 € corresponden ás entidades privadas. A convocatoria está aberta ata […]
03 de Xuño de 2024

Aberta unha nova edición da convocatoria 10+10 Exemplos Empresariais #PorElClima

A iniciativa recoñece a ambición de 10 grandes empresas e pemes que se esforzan por desenvolver accións innovadoras que as leven a ser exemplo no desenvolvemento […]
23 de Abril de 2024

A Xunta de Galicia lanza unha nova convocatoria de axudas para a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración como proxectos tractores

O obxectivo é mellorar e ampliar os servizos aos visitantes mentres se fomenta o emprego turístico, buscando un impacto positivo na economía local. O pasado martes, […]