O novo plan inclúe 28 medidas articuladas ao redor de cinco lineas de actuación: recuperación da confianza, medidas de reactivación, mellora da competitividade, intelixencia turística e promoción

De momento quedan en suspenso a resolución para os ERTES, ao non chegar a un acordo

Destinaranse 850 millóns de euros “a impulsar un modelo baseado na sustentabilidade e a dixitalización”

O Goberno fortalece o turismo cun Plan estratéxico de 4.262 millóns de euros co que se busca potenciar unha actividade que o Goberno recoñeceu como estratéxica no modelo produtivo do noso país ao representar o 12% do Produto Interior Bruto de España e empregar ao 13,6% do total de afiliados á Seguridade Social no noso país. Con esta iniciativa elévase a 19.535 millóns de euros o compromiso do Goberno co sector desde o inicio da pandemia.

Este novo Plan de Impulso do sector turístico consta de 28 medidas que se articulan ao redor de cinco liñas de actuación: a recuperación da confianza no destino (un destino 360º seguro), a posta en marcha de medidas para reactivar o sector, a mellora da competitividade do destino turístico, a mellora do modelo de coñecemento e intelixencia turística e unha campaña de mercadotecnia e promoción.

Recuperar a confianza no destino: un destino 360º seguro
O Plan recolle o investimento de 200.000 euros para a elaboración de 21 guías de especificacións para previr o contaxio polo coronavirus SARS-COV-2, que inclúen medidas de desinfección dos espazos e demais condicións de limpeza, aforamento e distancia social promovidas polo sector e visadas polas autoridades sanitarias. Ademais, desde o Goberno destacan a súa aposta pola creación dun distintivo que permita dar publicidade aos establecementos que se comprometen a seguir as indicacións das Guías e trabállase xa en proxectos piloto de apertura do país ao turismo internacional, a través de corredores turísticos seguros.

Medidas para a reactivación do sector
A iniciativa do Goberno inclúe un segundo alicerce que mobiliza 3.362 millóns de euros e que se centra en medidas para a reactivación do sector a través de medidas laborais, programas de formación e capacitación no sector e liquidez e solvencia empresarial, destacando un subtramo preferente por importe de 2.500 millóns de euros para o sector turístico da liña de avais do ICO co fin de garantir o seu financiamento e liquidez.

Ademais, establécese un mecanismo que permita que se poida outorgar un período de moratoria dun máximo de 12 meses para aquelas operacións financeiras con garantía hipotecaria, subscritas por autónomos ou empresas cuxo inmoble se atopa afecto a unha actividade do sector turístico, incluídos aloxamentos.

Doutra banda, e tendo en conta a estreita relación que ten o sector de transporte discrecional co sector do turismo, o Goberno analizará un mecanismo que permita que as entidades acredoras poidan aplicar unha suspensión temporal das obrigacións derivadas dos contratos de crédito sen garantía hipotecaria. Trátase de contratos asociados á compra de vehículos para transporte discrecional de viaxeiros.

Como parte deste Plan, o Consello de Administración de Aena aprobou un incentivo comercial co obxectivo de contribuír a unha rápida recuperación do tráfico aéreo en España. Desta forma, cada compañía recibirá un desconto na tarifa media mensual de aterraxe para todas aquelas operacións mensuais na rede de Aena que superen os niveis fixados: un 75% de desconto, para o número de operacións situado entre o limiar inferior e o limiar superior e un 100% de desconto, para o número de operacións que supere o limiar superior.

Medidas para a mellora da Competitividade do Destino Turístico
O Plan de Impulso do Sector Turístico incorpora un eixo de mellora da competitividade do destino turístico dotado con 859 millóns de euros. En concreto, o Fondo Financeiro do Estado para a Competitividade Turística (FOCIT) apoiará, mediante préstamos, os proxectos que desenvolvan as empresas turísticas orientados á mellora da competitividade e a acelerar a transformación do sector cara a un modelo máis sustentable, en especial aqueles relacionados co uso de enerxías renovables, uso eficiente dos recursos, reutilización da auga e reciclado de residuos transporte sustentable, ou a dixitalización, a innovación e a modernización dos servizos. Doutra banda, no marco deste eixo inclúense medidas centradas no financiamento de proxectos para a dixitalización, innovación e internacionalización do sector turístico e plans de sustentabilidade turística, entre outras medidas.

Mellora do modelo de coñecemento e intelixencia turística

Partindo da necesidade de redeseñar o sistema de coñecemento e intelixencia turística de España, tendo en consideración as necesidades de información de comunidades autónomas e do sector, desde o Goberno central impúlsase a creación dun novo observatorio turístico centrado na análise da demanda internacional mediante o reforzo na información de mercado, a análise das variables turísticas e a súa evolución, e a creación dun novo modelo turístico, dirixido á incorporación de novos elementos de coñecemento para superar as limitacións que afronte.

Campaña de ‘branding’ e promoción
Finalmente, o quinto eixo deste Plan de Impulso do sector turístico: cara a un turismo seguro e sustentable pos-COVID-19 está centrado en utilizar ferramentas de ‘mercadotecnia’ e promoción para situar a España como un destino seguro e sustentable, tanto de face ao turismo nacional como internacional a través dunha campaña #O

Por unha banda, a reactivación dos mercados centrarase nas accións a curto prazo que a rede de Consellerías de Turismo no exterior porá en marcha para reactivar de forma rápida o turismo internacional cara a España. Pero, ademais, vaise a traballar nunha estratexia turística forte que culmine nun Plan Estratéxico 2020-2024.

20 de Xuño de 2020

O Plan de Impulso ao Turismo do Goberno insufla ao sector outros 4.200 millóns de euros, a maioría en liñas de crédito

O novo plan inclúe 28 medidas articuladas ao redor de cinco lineas de actuación: recuperación da confianza, medidas de reactivación, mellora da competitividade, intelixencia turística e […]
19 de Xuño de 2020

O turismo rural galego recibe 200 mil euros para promoción e mellora da súa comercialización

A través dun convenio asinado con FEGATUR crearase unha plataforma de reservas online, ademais de incentivar o consumo con bonos e impulsar a formación hixiénico sanitaria […]
19 de Xuño de 2020

Aberto prazo para o novo curso do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo interior e de saúde

A Universidade de Vigo abre prazo de inscrición no Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde, unha titulación oficial que ten […]
17 de Xuño de 2020

Luz verde a 12 convenios co sector turístico galego que supoñen un investimento de 1,8 millóns de euros para a creación e adaptación de produtos e experiencias

Os convenios inscríbense dentro do programa Galicia, destino seguro, e asináronse con diferentes asociacións e entes representantes do sector turístico galego, entre os que se contan […]