Formacion

  • Será o 29 de abril, de 10:30 a 12:00h, e está dirixida ás empresas turísticas da oferta complementaria.

 

O vindeiro martes 29 de abril de 2025, o Centro GaiásTech acollerá a xornada “Más reservas, menos esforzo: claves para rendibilizar a túa web“, unha iniciativa organizada pola Xunta de Galicia destinada a empresas turísticas que ofrecen actividades, visitas guiadas e experiencias na comunidade.

 

A sesión, que se desenvolverá de 10:30 a 12:00 horas e tamén estará dispoñible en streaming, ten como obxectivo proporcionar ferramentas prácticas para mellorar a presenza dixital das empresas, simplificar a súa operativa diaria e aumentar as reservas en liña.

 

O programa inclúe un relatorio a cargo do equipo de FareHarbor, especializada en solucións tecnolóxicas para a xestión de reservas, e a presentación dun caso práctico por parte de Pablo Mariño, fundador de Bluscus Turismo Mariñeiro, quen compartirá a súa experiencia na dixitalización do seu negocio.

 

A xornada concluirá cunha sesión de preguntas e respostas e un espazo de networking, ofrecendo aos asistentes a oportunidade de intercambiar ideas e establecer contactos profesionais.

 

Esta actividade impulsa a transformación dixital do sector turístico, promovendo a adopción de tecnoloxías que melloren a competitividade e sostibilidade das empresas do sector. Consulta o programa completo na seguinte ligazón.

14 de Abril de 2025

O centro GaiásTech acollerá a xornada “Máis reservas, menos esforzo: claves para rendibilizar a túa web”

Será o 29 de abril, de 10:30 a 12:00h, e está dirixida ás empresas turísticas da oferta complementaria.   O vindeiro martes 29 de abril de […]
08 de Abril de 2025

O programa ‘Anfitriones’ abre a súa XXVI edición impulsando o talento turístico

Inclúe formacións en sostibilidade, innovación, calidade, competencias dixitais e outras áreas de coñecemento.   A Secretaría de Estado de Turismo anunciou a posta en marcha da […]
15 de Outubro de 2024

Turismo de Galicia promove un curso en liña sobre a creación de produtos experienciais e sostibles

A formación, de 1 hora de duración, está dispoñible ata o 31 de decembro de 2024. A formación continua é unha ferramenta clave para a innovación […]
10 de Setembro de 2024

Turismo de Galicia organiza unha formación para profesionais do sector que buscan potenciar o seu negocio con IA

‘IA Talks: Conversas sobre Intelixencia Artificial para o sector turístico en Galicia’ é a formación especializada para potenciar a transformación dixital das PEMES turísticas galegas. Desenvolverase […]