A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) informa da apertura da primeira convocatoria de axudas da Xunta de Galicia dirixidas a dotar de banda ancha o rural galego. Dirixidas a empresas e autónomos situados en lugares illados, o programa de subvencións enmárcase no Plan de Banda Longa 2020 que conta cunha dotación económica de 500.000 euros ampliables ata 1 millón de euros, en función da demanda.

Co obxectivo de dotar de internet de calidade ás empresas situados nestes puntos, a axuda ten unha subvención de ata o 100% de todos os custos de instalación, cun máximo de 20.000€ por beneficiario, exceptuando o IVE que non é subvencionable. O prazo está aberto ata o próximo 20 de abril e para acceder ao programa é necesario que os beneficiarios dispoñan dunha cobertura de internet de menos de 30 Mbps e manter o alta no servizo contratado inicialmente polo menos durante un ano. Para máis información sobre as axudas pode consultar esta ligazón ou porse en contacto coa Oficina de Banda Longa na dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou no teléfono 981 95 78 68, en horario de luns a venres  de 9:00 a 15:00h.

23 de Marzo de 2017

Aberta convocatoria para a dotación de banda ancha en zonas illadas en Galicia

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) informa da apertura da primeira convocatoria de axudas da Xunta de Galicia dirixidas a dotar de banda ancha […]
09 de Marzo de 2017

Sanxenxo acolle unha xornada sectorial do programa Re-Acciona TIC sobre os desafíos da dixitalización turística

A elevada velocidade de transformación que vive o sector turístico expón novos desafíos para os seus profesionais, que deben estar ao tanto da como está a […]
16 de Febreiro de 2017

Terceira convocatoria do Programa de Axudas ReAccionaTIC

Promovido conxuntamente pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) e o IGAPE, até o próximo 28 de febreiro está aberta a 3º convocatoria do Programa de […]
02 de Febreiro de 2017

Turismo de Galicia abre unha liña de axudas a pequenos operadores turísticos para o fomento de novos produtos

Co obxectivo de fomentar a cooperación entre pequenos operadores turísticos para o deseño, promoción e comercialización de produtos turísticos en Galicia, Turismo de Galicia habilitou unhas […]