A programación desenvólvese do 15 ao 17 de novembro no recinto feiral ourensán e inclúe a programación de máis dun centenar de actividades entre as que se atopa unha presentación da marca Galicia Destino Activo

Algo máis de 8 mil metros cadrados, 125 expositores e máis dun centenar de actividades programadas son algúns das primeiras cifras que manexa a organización do Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur, que se celebra en Expourense do 15 ao 17 de novembro. Con entrada gratuíta, espérase que o número de visitantes poida superar o 10 mil, segundo avanzou o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín Carballo, durante a presentación do evento.

Con novidade nesta edición, ademais dos expositores chegados de Galicia e Portugal, destacará o gran número de activaddes e a posibilidade de contar coa pista de atletismo cuberta. O obxectivo final é pór o valor a potencialidade de recintos feirais como o ourensán para acoller eventos de turismo deportivo, ao tempo en que se dá a coñecer a oferta autonómica en vistas á súa internacionalización, fortalecendo o binomio turismo-deporte, dous sectores moi importante, con recursos repartidos por todo o territorio, e puxo o foco os workshops do evento como destacaba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que participou na presentación do evento.

Este tipo de eventos, ademais, serven para fortalecer Ourense como unha cidade “óptima” para o turismo activo e saudable, visibilizando que “deporte e turismo van da man” e que son unha “oportunidade de negocio”, unha oportunidade de negocio que terá estes días o seu núcleo na cidade das Burgas, coinciendo coa celebración da carreira popular do San Martiño, na que participarán 11.036 persoas.

Participación Galicia Destino Activo
Dentro da programación do Salón tamén estará presente a marca Galicia Destino Activo, a iniciativa posta en marcha polo Clúster co apoio da Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza (AGETAN), a operadora de turismo CN Travel, o grupo Caldaria e laAsociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI).

15 de Novembro de 2018

Expourense acolle a segunda edición do Salón de Deporte e Turismo Activo Sportur, que espera albergar a máis de 10 mil visitantes

A programación desenvólvese do 15 ao 17 de novembro no recinto feiral ourensán e inclúe a programación de máis dun centenar de actividades entre as que […]
14 de Novembro de 2018

Galicia Destino Familiar incrementa en máis dun 40% o número de empresas acreditadas dentro do programa

A terceira edición da iniciativa, impulsado polo Clúster Turismo de Galicia, conclúe coa acreditación de 39 empresas fronte ás 27 do ano pasado. Un total de […]
09 de Novembro de 2018

España fronte ao Brexit

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, visitou a World Travel Market e a caseta de Turespaña, onde tivo a oportunidade de conversar brevemente […]
07 de Novembro de 2018

Medra o interese da turoperación británica polo destino Galicia

Conclúe a misión comercial do Clúster Turismo de Galicia na World Travel Market de Londres con boas sensacións e duplicando o número de encontros profesionais celebrados […]