Abanca, Sabadell Gallego e Caixabank mostraron o seu interese en colaborar co CTG na posta en marcha dun plan de choque para as empresas do sector

Ofrecerán un primeiro asesoramento financeiro para dar resposta aos diferentes casos

No marco das diferentes accións e iniciativa que o Clúster Turismo de Galicia está a levar a cabo para mitigar o impacto da crise do coronavirus no sector turístico galego, abriuse unha liña de comunicación con diferentes entidades bancarias, Abanca, Sabadell Gallego e Caixabank, co obxectivo de trasladarlles as necesidades e condicionantes que teñen as empresas do sector turístico co fin de conseguir a súa implicación nun plan de choque para empresas e facilidades no refinanciamento ou carencias en operacións xa realizadas.

“Agora toca aguantar e neste proceso de espera ata que podamos volver funcionar con máis ou menos normalidade o papel das entidades bancarias é fundamental. As empresas necesitan liquidez para soportar os gastos fixos e compromisos que seguen tendo a pesar de que os establecementos continúan pechados e por iso contactamos con estas entidades bancarias para solicitarlles condicións de refinancimiento e flexibilización dos pagos”, explica o presidente do CTG, Cesáreo Pardal, que agradece a boa resposta recollida. “A acollida por parte do tres entidades coas que falamos foi moi positiva e é de agradecer que nos transmitiron a súa intención de apoiar ao sector”.

Desde o Clúster Turismo de Galicia trasladóuselles a necesidade de contar con medidas de plan de choque para que as empresas poidan facer fronte á situación nestes primeiros compases da crise pero tamén se lles pediu que, na medida que poidan, ofrezan un primeiro asesoramento financeiro para dar resposta ás moitas dúbidas que esta situación está a xerar no empresariado.

Neste sentido, o tres entidades financeiras trasladaron ao CTG a súa disposición a analizar en cada caso posibles procesos de renegociación do calendario de pagos e de refinancimiento, ademais de prestar asesoramento para solicitar os créditos ICO postos en marcha polo Goberno nesta situación. En todo caso o Cluster seguirá en contacto con outras entidades financeiras co obxectivo de conseguir medidas que reforcen o acceso ao financiamento e permitan establecer opcións máis flexibles nas operacións xa formalizadas.

27 de Abril de 2020

O Clúster Turismo de Galicia busca a implicación dos bancos para darlle osíxeno financeiro ao sector

Abanca, Sabadell Gallego e Caixabank mostraron o seu interese en colaborar co CTG na posta en marcha dun plan de choque para as empresas do sector […]
21 de Abril de 2020

O ICTE impulsará protocolos técnicos comúns para o sector turístico para a prevención do COVID-19

A Xunta Directiva do Instituto para a Calidade Turística de España tamén acordou deseñar un selo para xerar confianza en clientes e traballadores Ante a demanda […]
20 de Abril de 2020

A crise do covid 19 podería provocar caídas superiores aos 2,5 millóns de turistas e perda de máis de 30 mil empregos no sector turistico galego

O Clúster Turismo de Galicia elabora un primeiro informe de impacto da crise do coronavirus no sector turístico galego no que expón até catro escenarios de […]
18 de Abril de 2020

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, cualifica as declaracións de Yolanda Díaz de irresponsabilidade maiúscula

“Están a xogar co traballo de 120 mil traballadores en Galicia”, asegurou o máximo representante do sector en Galicia, á vez que esixía aos respresentantes políticos […]