O Clúster Turismo de Galicia lanza un servizo de consultoría turística especializada, Turismo 100×100

ACTIVIDADES
RECURSOS

O Clúster Turismo de Galicia lanza un servizo de consultoría turística especializada, Turismo 100×100

Un equipo de expertos ofrecerán asesoramento técnico individualizado ás empresas turísticas galegas para facer fronte aos efectos da COVID19

Conscientes de que a difícil situación que a crise da COVID19 ocasionou no sector turístico galego, o Clúster Turismo de Galicia lanza un servizo de consultoría online, Turismo 100×100 co que se busca dotar ao tecido turístico galego de ferramentas eficientes para que saír reforzados desta difícil situación. En colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e no marco do Plan de Reactivación dos sectores turístico e cultural, o novo servizo que se pon en marcha ofrecerá asesoramento técnico especializado e individualizado través dun equipo multidisciplinar de expertos que asesorará a pemes e autónomos do sector turístico que o demanden.

O asesoramento será personalizado e contémplase até un máximo de 5 sesións de dúas horas de duración, co obxectivo de realizar un diagnóstico da empresa e implementar actuacións a curto prazo, con solucións concretas e de fácil implantación, ofrecendo así unha resposta áxil e concreta. “O obxectivo final é lograr a supervivencia empresarial”, explica o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que destaca o interese do Clúster en pór a disposición das profesionais ferramentas que lles permitan traballar con especialistas en diferentes materias para facer fronte de forma eficaz e directa sobre os seus principais problemas, “traballando directamente coas empresas na implantación dos cambios necesarios para adaptarse á realidade propiciada pola pandemia”.

Resolución de dúbidas e acceso ao servizo
“Buscamos dar unha resposta rápida e persoal, en tempo real, non temos tempo que perder para contribuír a adaptar ás empresas a esta nova realidade que nos tocou vivir”, explica o presidente do CTG.
A través do acceso á web https://turismo100x100.clusterturismogalicia.com , os interesados en acceder a este servizo poderán acceder a un punto de atención centralizada na que os empresarios poderán resolver dúbidas e optar a este servizo, que lle permitirá implementar medidas nun prazo máximo dun mes.
Os interesados poden porse en contacto co novo servizo a través tamén do correo turismo100x100@ctg.gal ou no teléfono 881 505 102.