O Club de Produto Galicia Destino Sostible, que impulsa o Clúster co apoio da Xunta, aposta por cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU.

 

As empresas que se adhiran ao Club antes do 30 de setembro poderán optar a unha liña de axudas para a creación novos produtos turísticos.

 

  1. adx. Que se pode soster. 
  2. adx. Que permite preservar, manter e mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro.

 

Así define a Real Academia Galega a palabra sostible, unha idea que a través do concepto de sustentabilidade está cada vez máis presente en todos os ámbitos da nosa sociedade. Tamén, por suposto, no mundo do turismo. A Organización Mundial do Turismo converteuno nun dos eixos sobre os que debe virar a recuperación do sector unha vez superada a crise da pandemia da covid asumindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible postulados na Axenda 2030 pola ONU no 2015.

 

Poñer fin á pobreza no mundo, erradicar a fame; garantir unha vida sa e promover o benestar; conseguir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade; conquistar a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e as nenas; asegurar a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible e o saneamento para todos; lograr o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sostible e moderna; promover o crecemento económico inclusivo e sostible, o emprego e o traballo decente para todos; construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización sostible e fomentar a innovación; reducir a desigualdade en e entre os países; lograr que as cidades sexan máis inclusivas, seguras, resilientes e sostibles; garantir modalidades de consumo e produción sostibles; adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos; conservar e utilizar sostiblemente os océanos, os mares e os recursos mariños; xestionar sostiblemente os bosques, loitar contra a desertificación, deter e investir a degradación das terras, deter a perda de biodiversidade; promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas, e revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.

 

Estes son os 17 postulados dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e moitos deles poden ser de aplicación directa no ámbito turístico, tal como defende o Clúster Turismo de Galicia a través do Club de Produto Galicia Destino Sostibleque puxo en marcha co apoio financeiro da Xunta de Galicia. Así, o impulso do desenvolvemento local respectando as tradicións e as formas de vida dos habitantes do lugar, a protección da biodiversidade, loitar contra o cambio climático e minimizar o impacto da actividade turística, e garantir a inclusión, a transparencia e a competitividade na forma de traballar das empresas do sector son algúns dos compromisos fundacionais desta iniciativa que en poucas semanas de vida e a pesar de botar a andar en plena campaña estival logrou atraer xa a unha vintena de empresas e volverá crecer con novos membros en datas próximas.

 

Ademais do aval do compromiso coa sustentabilidade que supón pertencer ao Club, os participantes gozarán de vantaxes relativas á promoción e a formación. Así mesmo, quen se adhira antes do 30 de setembro poderán optar a unha liña de axudas para a creación de novos produtos turísticos sostibles. As peticións, que serán atendidas por rigorosa orde de solicitude e articularanse a través de patrocinios, repartirán 135.000 euros entre as axencias de viaxes almacenistas, 112.000 euros entre as axencias de viaxes retallistas, e 65.000 entre aloxamentos, restaurantes e provedores de oferta turística complementaria.

 

Toda a información e o formulario de adhesión están dispoñibles en https://galiciadestinosostible.com/adhiere-tu-empresa

28 de Agosto de 2022

A sustentabilidade, piar básico para o futuro do sector turístico

O Club de Produto Galicia Destino Sostible, que impulsa o Clúster co apoio da Xunta, aposta por cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU. […]
10 de Agosto de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible conta xa con preto de 20 de empresas adheridas en menos dun mes

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, presentouse o pasado 11 de xullo co apoio e financiamento da Xunta.   As primeiras empresas que se […]
09 de Xullo de 2022

O turismo de cruceiros en Galicia supera xa as cifras prepandemia

Os 77.000 pasaxeiros rexistrados no primeiro cuadrimestre deste ano permiten superar nun 16 % o anterior récord.   O turismo de cruceiros regresou con forza aos […]
04 de Xullo de 2022

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria Clúster de Turismo de Galicia

O luns 18 de xullo de 2022 celebrarase a reunión de Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster de Turismo de Galicia no auditorio da Biblioteca da Cidade […]