Viajes Grupo Europa, en colaboración con hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS) e hospedaxe de Pontevedra (ASEHOSPO) organizan o vindeiro sábado, 23 de marzo, un workshop no Parador de Baiona co que queren promover un punto de encontro para establecer sinerxías e futuras colaboracións entre as distintas empresas asistentes relacionadas co sector da hostalaría e turismo.
Ao redor de 80 turoperadores procedentes no seu maior parte de Cataluña e Madrid xa confirmaron asistencia a este encontro, promovido pola Deputación de Pontevedra co obxectivo de seguir mellorando a comercialización da oferta turística da provincia de Pontevedra. A asistencia e acreditación será gratuíta previa inscrición que deberá facerse cubrindo esta ficha de inscrición e remitíndolla a Feprohos. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición e terán preferencia os establecementos hostaleiros asociados ás entidades promotoras.
Ao finalizar o encontro de traballo, que se desenvolverá nos Salóns do Parador de Baiona, a partir das 19.30 h., ofrecerase un viño español e a posibilidade de gozar dunha cea medieval, que será necesario reservar previamente a través do correo electrónico turismo@feprohos.org ou no número de teléfono 986.43.24.00.