Deputación de Pontevedra

Co obxectivo de contribuír á desestacionalización do destino e impulsar o turismo de patrimonio, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha unha nova iniciativa para dar a coñecer os cemiterios históricos na provincia, unha campaña baixo o título “Visitas singulares: cemiterios históricos das Rías Baixas” coa que a súa presidenta, Carmela Silva, asegurou que “pretende difundir o enorme valor cultural que teñen estes espazos” á vez que mostra a realidade e a potencialidade das Rías Baixas.
Así, a entidade provincial vai levar a cabo unha acción de promoción e divulgación de seis cemiterios singulares da provincia de Pontevedra entre os que se atopan o de Santa Mariña Dozo (Cambados), o cemiterio dos Ingleses (Vilagarcía de Arousa), o de San Mauro (Pontevedra), de Pereiró (Vigo), o de Vos Eidos (Redondela) e o de Arcos de Furcos (Cuntis). A campaña de difusión levará a cabo tanto a través da web de Turismo Rías Baixas e as súas redes sociais como a través de visitas guiadas.
A primeira delas tivo lugar o sábado, 21 de outubro, no cemiterio histórico de Cambados, onde tivo lugar tamén un concerto no auditorio de Cambados do grupo Cómplices, co nome de Claves líricas, ás 20:00 horas, no que o grupo fará unha interpretación musical e poética sobre Valle-Inclán para o cal Cómplices contou coa colaboración de Javier do Valle-Inclán, neto do escritor cuxa nai e un dos seus fillos están enterrados neste cemiterio cambadés, declarado Monumento Histórico Artístico desde 1943 e incluído na Asociación de Cemiterios Singulares de Europa.
Esta foi a primeira das actividades pero seguiranlle actividades nos de Pereiró, o camposanto máis extenso de Vigo, o cemiterio de San Mauro, en Pontevedra, obra de Alejandro Rodríguez Sesmero, o arquitecto artífice do Pazo da Deputación; o cemiterio dos Ingleses reflicte a pegada da Armada británica en Vilagarcía de Arousa a comezos do século XX. Pecharán as visitas o de Vos Eidos, en Redondela, trátase dun espazo con panteóns de gran valor artístico realizados por canteiros da zona e o cemiterio de Arcos de Furcos (Cuntis) que destaca por ser o único subterráneo de Galicia.

25 de Outubro de 2017

A Deputación de Pontevedra impulsa unha iniciativa para dar a coñecer os Cemiterios Históricos da provincia

Co obxectivo de contribuír á desestacionalización do destino e impulsar o turismo de patrimonio, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha unha nova iniciativa para dar a […]
10 de Outubro de 2017

Sanxenxo acolle a xornada profesional “Turismo e novas tecnoloxías: Innovación e transformación dixital do turismo”

Impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o prazo de inscrición xa está aberto Dirixido a empresas turísticas, provedores dixitais e […]
30 de Agosto de 2017

Catro rutas turísticas en moto polas Rías Baixas

Co obxectivo de proporcionar información útil e descubrir espazos para o goce dos afeccionados ás motos, a Deputación de Pontevedra acaba de presentar unha nova guía […]
21 de Xaneiro de 2017

A Ruta Xacobea e as súas initinerarios, carta de presentación da oferta diferenciada galega en Fitur

O Camiño da Costa, o Francés, o de Betanzos ou o da Costa foron os protagonistas de catro das presentacións suceder na caseta de Galicia durante […]