Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra presentou o avance do Plan de Reactivación do destino Pontevedra Provincia

Seguridade e confianza, pero tamén adaptación da comercialización e da promoción do destino e colaboración e capacitación para o sector. Estas son algunhas das claves do avance do Plan de Reactivación do destino Pontevedra provincia, impulsado pola Deputación da Pontevedra como consecuencia da crise sanitaria provocada polo coronavirus. Neste sentido a presidenta da Deputación incidiu na necesidade de converter á provincia nun destino seguro, sustentable e inclusivo e fixo fincapé nas primeiras medidas postas en marcha desde o ente provincial: seguridade e confianza na rede Info Rías Baixas, na comercialización e adaptación da promoción do destino, na colaboración con eventos turísticos e no apoio e capacitación do sector.

Todas elas veñen estruturadas no cinco eixos de actuación do plan que son o financiamento, aspectos legais e a fiscalidade; a prevención da seguridade, saúde e hixiene elaborando protocolos claros e plans de garantía sanitaria; a dixitalización e a competitividade centradas no liderado empresarial e fortalecemento a través da capacitación, innovación e emprendimiento; o fomento da demanda de produtos e servizos turísticos da provincia ligados ao consumo local e a adaptación da promoción do destino Rías Baixas.

Da análise de tendencias realizadas mediante o Plan de Reactivación do destino Pontevedra provincia pódese extraer xa que para garantir o éxito é preciso cumprir con tres requisitos: “a garantía sanitaria e todo o que ten que ver coa seguridade e hixiene e a non masificación, a flexibilización en canto ás cancelacións ou cambios de plans e a confianza que serán os que determinen que as persoas turistas decántense por un lugar determinado”, asegurou Carmela Silva. Neste campo, a presidenta fixo fincapé na importancia de estar “moi alerta para atender á demanda nova e adiantarnos provocando cambios na oferta” tendo en conta, ademais que, nestes momentos, “estudos, portais de turismo e expertas e expertos sitúannos como un dos destinos máis atractivos para este verán”.

Silva adiantou que se aprobou xa un plan de continxencia para as oficinas adheridas a Turismo Rías Baixas para a contratación de persoal, cun orzamento de 250.000 euros, para financiar a contratación de 27 persoas para tarefas de información nestas oficinas situadas en 21 concellos da provincia.

En canto á comercialización e adaptación da promoción do destino o aspecto prioritario é ofertar actividades ligadas a experiencias locais e sustentables, evitando aglomeracións e apostando pola natureza e espazos ao aire libre, polo turismo responsable, inclusivo e sustentable, reforzando márcaa Rías Baixas. Ao respecto da comercialización, Carmela Silva adiantou que esta semana se licitou, por valor de 116.000 euros para o 2020 e prorrogable a outros tres anos máis, a asistencia técnica integral para a celebración de workshops e misións comerciais sectoriais no mercado nacional e norte de Portugal, en sintonía co Clúster de Turismo de Galicia.

En canto á promoción, lembrou que están en marcha campañas de produtos de proximidade e o arranque da nova campaña de comercio local. Neste mesmo campo, está en funcionamento a adaptación do plan de comunicación do destino, centrado tamén no mercado de proximidade, ao que se destinan 150.000 euros para a promoción da provincia como destino seguro a través dunha nova campaña online e off line.

Outra das medidas en marcha é a colaboración con eventos turísticos, ben sexan deportivos, festivais musicais ou audiovisuais e relacionados coa organización de congresos e eventos (MICE). “Imos destinar recursos tanto aos que se celebren este ano como a aqueles que pasan ao 2021, para garantir que non se perdan eventos que teñen tanta capacidade de atracción turística”, asegurou a presidenta da Deputación.

Finalmente, entre as medidas xa lanzadas pola Deputación de Pontevedra para reactivar o turismo atópase a capacitación do sector e a necesidade de apostar pola dixitalización dos negocios para garantir a súa competitividade. Ademais, e neste aspecto, a presidenta explicou que “imos continuar coa formación online iniciada en abril cos establecementos adheridos ao SICTED, temos en marcha unha aceleradora que comeza a súa andaina a partir do 25 de maio e lanzamos sesións formativas orientadas ao turismo”. Tamén informou que continuarán os asesoramentos a pemes e persoas autónomas con información práctica sobre cuestións fiscais, laborais ou de comercialización e adiantou que se está elaborando un documento para facilitar e garantir a transparencia, viabilidade e supervivencia e tecido empresarial turístico da provincia, así como o emprego.

Plan de Reactivación de Turismo Rías Baixas (pdf)

22 de Maio de 2020

A garantía sanitaria, a flexibilización e a confianza, elementos craves para a reactivación do turismo na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra presentou o avance do Plan de Reactivación do destino Pontevedra Provincia Seguridade e confianza, pero tamén adaptación da comercialización e da promoción […]
19 de Decembro de 2019

Un cento de profesionais do sector turístico amplían coñecementos sobre sustentabilidade en destino

A través de experiencias noutros destinos tanto en Galicia como en Estremadura, Benidorm ou Lanzarote, os profesionais do sector tomaron conciencia do peso da sustentabilidade como […]
06 de Agosto de 2019

Un modelo sostible, posicionado en base ós seus valores de marca, excelente e intelixente, son os retos que Carmela Silva afronta neste mandato en materia de turismo.

Tres semanas despois da toma de posesión, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, convocou ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de […]
22 de Abril de 2019

Río Miño, a marca turística para promover o turismo transfronteirizo

Nace a identidade para o territorio transfronteirizo que une 26 municipios Co obxectivo de axuntar sinerxías e traballar desde un e outro lado da beira do […]