Xunta de Galicia

Máis de 77 mil persoas visitaron o stan de Galicia ao longo do cinco días de desenvolvemento da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2020, que pechou as súas portas este domingo en IFEMA. Os asistentes puideron coñecer polo miúdo a proposta de Galicia para o Xacobeo 2021 e experiencias vinculadas á natureza, o patrimonio cultural ou a enogastronomía, a promoción da España Verde e, especialmente, o Xacobeo 2021. O fito chamado a ser o acontecemento cultural máis importante o próximo colleu impulso nos últimos días a través da colaboración público-privada. En concreto, a Xunta selou nunha semana catro novos acordos con Vegalsa-Eroski, Husqvarna, Iberia e Alsa, cos que xa se superan os 9 millóns de compromisos empresariais, que inclúen ademais abundantes accións divulgativas e promocionais vinculadas co próximo Ano Santo.

O expositor de Galicia acolleu máis de 40 presentacións e contou máis de 16 espazos divulgativos nos que estiveron representados os principais elementos que caracterizan á nosa Comunidade como destino. Dispúxose de áreas dedicadas ao catro provincias, ao sete cidades e a distintos xeodestinos. Mantivéronse máis de 350 reunións profesionais na área de negocios xestionada polo Clúster Turismo de Galicia, onde se mantiveron contactos entre profesionais e con diferentes administracións públicas tanto galegas como nacionais, ademais de con unha destacada presenza internacional, destacando os encontros con profesionais do sector turístico de Brasil, Colombia, Rusia, Xapón ou China, que contribuíron a sentar as bases da proxección internacional do turismo da Comunidade galega para este ano. Ademais representantes do Clúster Tursimo de Galicia mantiveron encontros co Concello da Coruña, con outros clústeres de turismo nacionais e asinouse un convenio de colaboración con CaixaBank para facilitar dúas liñas de financiamento para as pemes galegas vinculadas co Camiño de Santiago que queiran mellorar ou emprender un novo negocio.

Tiveron unha presenza destacada as candidaturas a Patrimonio Mundial, así como outros elementos singulares do noso turismo como o Entroido, o turismo rural, o turismo activo ou deportes como o surf e o mergullo. En resumo, a caseta de Galicia en Fitur foi un escaparate dun modelo turístico propio, sustentable e baseado na calidade.

Máis de 200.000 folletos, reunións e entrevistas
Distribuíronse máis de 200.000 folletos e outro material de promoción das entidades participantes. Mantívose contacto, ademais, con preto de 200 xornalistas e bloggers de distintas nacionalidades que acudiron á caseta para obter información. Desde o punto de vista profesional, mantivéronse reunións cos representantes das Oficinas de Turismo de España no exterior que serviron para realizar a planificación anual de colaboración, así como contactos institucionais como México ou Panamá.

O funcional expositor estivo dividido en distintas zonas habilitadas para presentacións, reunións de traballo, información e atención aos visitantes, con espazos como Galicia Soa, que recreaba sons representativos da Comunidade ou un árel de degustación atendido por profesores e alumnos do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

27 de Xaneiro de 2020

Máis de 77.000 visitantes achegáronse á caseta de Galicia en Fitur para coñecer a oferta turística do territorio

Máis de 77 mil persoas visitaron o stan de Galicia ao longo do cinco días de desenvolvemento da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2020, que pechou […]
21 de Xaneiro de 2020

A Xunta recibe preto de 1000 solicitudes para formar parte da segunda convocatoria de O teu Xacobeo’

Esta cifra supón un incremento de preto do 50% en relación á primeira convocatoria, cando se recibiron 654 proxectos A liña na que máis se incrementou […]
16 de Xaneiro de 2020

Aberta convocatoria de adhesión á nova tempada de FEST Galicia, que incrementa nun 31% a dotación para patrocinio de festivais

Cultura e Turismo aumenta até os 460.000 euros a cantidade destinada aos contratos cos eventos asociados á marca Até o próximo 2 de febreiro está aberto […]
15 de Xaneiro de 2020

O Camiño Portugués pola Costa a exame a través do proxecto Facendo Camiño de Proturga

Facendo Camiño, proxecto para sensibilizar, pór en valor e analizar o Camiño de Santiago analiza un tramo deste itinerario, no marco do programa “O teu Xacobeo”, […]