A delegación galega, na que estivo o Clúster Turismo de Galicia, participou nunha decena de encontros profesionais orientados especiamente ao sector do contract e o turismo

Os encontros vinculados ao turismo e ao sector do contract (deseño de mobiliario e interiorismo para hoteis e oficina) tiveron un gran peso na maior parte dos encontros profesionais que se desenvolveron durante a viaxe insitucional da Xunta de Galicia a Miami e Nova York, no que foi a primeira viaxe institucional do presidente Núñez Feijóo a Miami. A axenda tivo un marcado carácter económico e un gran peso turístico, de aí a presenza na viaxe do conselleiro de Industria, Francisco Conde, ou a responsable de Turismo, Nava Castro. A delegación galega completouse cos responsables dos principais portos galegos, unha representación do Clúster de Turismo e por unha delegación empresarial do sector do contract. Todos eles participaron nunha decena de encontros cos que a Xunta busca abrir vías de negocio en norteamérica, ademais de promocionar a próxima celebración do Xacobeo 2021.

Precisamente a celebración deste próximo fito foi un dos aspectos que se abordou durante os encontros co alcalde do condado de Miami-Dade, Carlos A. Giménez, quen anunciou que ten planeado visitar Galicia o próximo mes de xuño como parte dunha viaxe por Europa. Tamén se mantiveron encontros coas colectividades galegas e coas cámaras de comercio de Miami e Nova York, así como celebrouse unha visita ao porto de Miami para promocionar o Ano Santo 2021 e falouse da posibilidade de abrir rutas con Vigo, A Coruña ou Ferrol.

Ademais mantívose un encontro con directivos do Aeroporto de Miami, o primeiro en voos internacionais de EEUU e o terceiro de carga, ao que se lle trasladou o interese para que algunha compañía aérea puidese chegar a establecer un voo directo para o Ano Santo (Xacobeo). A axenda de contactos completouse con contactos con grandes grupos hostaleiros como Ritz Carlton e Marriott e coa visita a Nova York, onde as actividades culturais cobraron máis peso, coa firma dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Institute of Fine Arts de Nova York, para a organización do simposio “Imaxinando o Camiño de Santiago: itinerarios, narracións, mapas e visións”.

08 de Febreiro de 2019

Apertura de contactos profesionais con Miami e Nova York no marco da viaxe institucional da Xunta

A delegación galega, na que estivo o Clúster Turismo de Galicia, participou nunha decena de encontros profesionais orientados especiamente ao sector do contract e o turismo […]
09 de Xaneiro de 2019

Cultura e Turismo pon en marcha talleres formativos para profundar nas oportunidades empresariais na atención ao peregrino

Os asistentes reciben de maneira participativa as ferramentas necesarias para ofrecer un servizo de calidade aos viaxeiros e peregrinos A Consellería de Cultura e Turismo, a […]
06 de Novembro de 2018

Román Rodríguez explicita os eixos de desenvolvemento do programa da Consellería de Cultura e Turismo para o próximo ano

Baixo o escenario do Xacobeo 2021, o conselleiro esbozou as principais liñas de actuación para o desenvolvemento da cultura e o turismo galegos, que identificou como […]
11 de Setembro de 2017

O turismo internacional continúa gañando peso no verán galego, que mellora cifras de rendibilidade

Cumprindo as expectativas iniciais, e a falta de cifras finais, a ocupación hoteleira creceu en Galicia este verán entre un 3 % e un 5 % […]