Co obxectivo de extremar as medidas de detección precoz da COVID19 ante a reapertura das fronteiras e o comezo da mobilidade entre provincias, a Xunta activou esta semana un servizo telefónico específico para atender a todas aquelas persoas que visiten Galicia nos próximos meses e evidencien sintomatología Covid-19 durante a súa estancia na comunidade.

Así, no caso de que unha persoa que visite Galicia perciba algún dos síntomas propios da Covid-19, esta poderá chamar ao novo número de atención 881 00 20 21 activado polo Servizo Galego de Saúde e, desde o mesmo, recibir toda a información que precise en cada momento.

Aínda que a persoa que presente sintomatología Covid-19 non dispoña do cartón sanitario galega, o Sergas asignaralle unha cita cun profesional sanitario que, tras unha consulta telefónica inicial, poderá determinar o que proceda e, no seu caso, solicitar a proba diagnóstica que considere precisa.

No caso de que o resultado da proba sexa negativo, simplemente informaríaselle do seu resultado e lembraranse o conxunto de recomendacións hixiénico-sanitarias que ten establecidas a Xunta de Galicia. De confirmarse o positivo, o profesional sanitario continuará co proceso establecido, ademais de activarse, de ser posible, o sistema de seguimento domiciliario.

24 de Xuño de 2020

Galicia activa un teléfono para visitantes con sintomatología Covid-19

Co obxectivo de extremar as medidas de detección precoz da COVID19 ante a reapertura das fronteiras e o comezo da mobilidade entre provincias, a Xunta activou […]
20 de Xuño de 2020

O Plan de Impulso ao Turismo do Goberno insufla ao sector outros 4.200 millóns de euros, a maioría en liñas de crédito

O novo plan inclúe 28 medidas articuladas ao redor de cinco lineas de actuación: recuperación da confianza, medidas de reactivación, mellora da competitividade, intelixencia turística e […]
18 de Xuño de 2020

Exceltur lanza o seu Plan Renacer Turismo 2020 con vocación de saír reforzados da crise sanitaria

Desde EXCELTUR lanzaron o seu plan RENACER TURISMO ESPAÑOL 2020-2023, coa vocación de salvar ao sector e ser capaces de saír reforzados desta crise sanitaria.Co obxectivo […]
10 de Xuño de 2020

Galicia sitúase á cabeza nos destinos elixidos polos viaxeiros para facer escapadas gastronómicas, turismo termal e relixioso

Turismo de natureza, deporte, sol e praia, as tendencias para as vacacións dos españois deste ano O barómetro turístico de Braintrust avanza que serán os mozos […]