O banco e a agrupación de entidades do sector turístico renovan a súa colaboración e activan opcións de financiamento adaptadas á situación económica xerada pola crise da COVID-19
A entidade financeira atende as demandas do Clúster ante un momento crítico e ofrece produtos con prazos de amortización amplos, carencias e baixos intereses

ABANCA e o Clúster Turismo de Galicia veñen de dar un novo pulo á colaboración que manteñen en materia financeira coa sinatura dun convenio de colaboración en virtude do cal banco e CTG pon o foco posto en ofrecer alternativas de crédito aos empresarios do sector turístico galego.
Así, o novo convenio asinado esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia entre o director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, incorpora solucións especiais de financiamento para facer fronte aos efectos da pandemia.
Neste sentido, o presidente do CTG destacaba a boa resposta de entidades bancarias como ABANCA ante unha situación sobrevinda que tan grave revés está a producir no tecido industrial turístico de Galicia. De aí a importancia “de contar co apoio de ABANCA que ofrece unha resposta directa ás necesidades actuais do colectivo, moi marcadas pola crise sanitaria e os seus efectos económicos”.

Solucións específicas para o sector
Segundo recóllese no convenio asinado, a entidade financeira ofrece as liñas oficiais de financiamento COVID-19 do ICO, así como o programa Igape COVID-19 da Xunta. Pero, ademais, o novo acordo ofrece ás empresas e asociacións turísticas que se engloban no Clúster unha ampla variedade de produtos ideados para mellorar a súa competitividade a través de novos investimentos. O documento inclúe solucións como os préstamos persoais e hipotecarios ou o leasing mobiliario, todos eles con amplos prazos de amortización, posibilidade de incluír carencias e intereses moi competitivos.
Pola súa banda, o novo texto tamén dá resposta ás necesidades máis inmediatas, que permiten adaptarse ás demandas da actividade diaria. As empresas turísticas terán á súa disposición produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring.

Acceso a programas e servizos
Máis aló do financiamento, o texto inclúe tarifas personalizadas no alta e mantemento dos dispositivos TPV, cun 0,20% de comisión. Ademais, poderán acceder a outros servizos que ABANCA pon a disposición deste colectivo como “Appúntame”, para xestionar de maneira sinxela calquera tipo de cotas, domiciliaciones ou subscricións, o Bróker Online ou ABANCA Pay, entre outros.
Da mesma maneira, os integrantes do clúster poderán acceder ás vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e cartóns, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

31 de Xullo de 2020

Abanca e Clúster Turismo de Galicia alíanse para ofrecer solucións financeiras adaptadas á situación do sector turístico galego

O banco e a agrupación de entidades do sector turístico renovan a súa colaboración e activan opcións de financiamento adaptadas á situación económica xerada pola crise […]
31 de Xullo de 2020

A Xunta recupera o programa Elixe Galicia para a recta final do ano

O programa previsto como medida de impulso ao turismo interno antes da pandemia reaxusta o seu calendario e desenvolverase este ano entre o 15 de setembro […]
27 de Xullo de 2020

Sanxenxo convértese no primeiro concello de Galicia declarado territorio de preferente actuación turística

Coa entrega da distinción por parte da Xunta, o concello de Sanxenxo converteuse esta semana no primeiro municipio declarado territorio preferente de actuación turística, unha figura […]
30 de Xuño de 2020

O turismo, eixe central das actuacións da Deputación de Pontevedra para os vindeiros meses

A presidenta da Deputación anuncia un plan de reactivación turística dotado con 3,5 millóns de euros Como sector fundamental para a provincia, tal e como o […]