Turismo de Galicia

Co obxectivo de ofrecer información sobre as actuacións e os produtos turísticos específicos desenvolvidos até a data polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración cos seus asociados, unha edición máis esta entidade volverá ter presenza no Salón Turístico de Galicia (Turexpo) que se desenvolve de forma paralela á 42ª Abanca Semana Verde até o domingo. Ademais, moitas das empresas do sector turístico galego tamén se dan cita nesta feira co obxectivo de participar na Bolsa de Contratación Turística,na que se dan cita 48 operadores internacionais interesados en captar novos propostas turísticas no noso territorio, o que converte neste encontro nunha importante plataforma de negocio para a oferta turística.

Operadores procedentes de Alemaña, Brasil, EE. UU, Finlandia, Italia, Irlanda, Portugal, Rusia, Suecia e Suíza, ademais de España manteñen até mañá encontros profesionais agendadas en función dos intereses de ambas as partes, con especial interese por parte de moitos destes turoperadores polo turismo de natureza e gastronómico, ou para establecer contacto con spas e balnearios, compañías de transporte e empresas de turismo rural e activo.

Visita a Lugo e a Mariña Lucense

A estas mesas de negocio engadirase o venres día 7 pola tarde e o sábado 8 durante todo o día unha viaxe de familiarización que levará a Lugo e a Mariña Lucense a máis de trinta destes turoperadores participantes na Bolsa. Así, o venres realizarán unha visita guiada polo Lugo romano, incluíndo paseo pola muralla, a Casa dos Mosaicos e o Mitreo. Cearán na pulpería ?Aurora do Carballiño? e aloxaranse no Hotel Méndez Núñez. Xa o sábado coñecerán en Viveiro o eucaliptal de Chavín e o miradoiro de San Roque, ademais de realizar unha visita teatralizada ao centro histórico da vila. Comerán no restaurante As Sirenas e viaxarán pola costa até a praia das Catedrais. Posteriormente irán a Mondoñedo.

Como remate deste fam trip, o domingo pola mañá os turoperadores realizarán unha visita guiada polo centro histórico de Santiago de Compostela.

07 de Xuño de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia participa até o domingo nunha nova edición de Turexpo

Co obxectivo de ofrecer información sobre as actuacións e os produtos turísticos específicos desenvolvidos até a data polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración cos […]
06 de Xuño de 2019

A Xunta destaca un investimento de 4,3 millóns de euros que está a permitir o impulso do enoturismo en Galicia

O departamento dirixido por Román Rodríguez tamén anuncia a licitación do plan Ribeira Sacra de coordinación de actuacións neste territorio No marco da presentación das Xornadas […]
05 de Xuño de 2019

O VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia volve por segunda vez ao Club Zaudin en Sevilla

A terceira proba do circuíto celebrouse en terras andaluzas Un total de 104 xogadores disputaron en Sevilla a terceiro proba do Circuíto de Golf Senior Turismo […]
20 de Maio de 2019

Os trens turísticos de Galicia estrean tempada con nova ruta dedicada aos Camiños de Santiago

A programación da sétima edición dos Trens Turísiticos de Galicia, impulsada por Turismo de Galicia e Renfe e arrinca o próximo 1 de xuño chega coa […]