Turismo de Galicia

Co obxectivo de ofrecer unha imaxe de destino que busca a especialización e innova na creación de novos produtos turísticos, a primeira xornada da 39ª edición de Fitur, a Feira Internacional do Turismo que se celebra en Madrid e que serviu para avanzar na presentación das novidades deste ano para a Consellería de Cultura e Turismo.
Destaca entre elas, “Un paseo de historia e Vida”, froito do traballo levado a cabo no Ano Europeo do Patrimonio Cultural e que profunda nos centros históricos das sete cidades galegas nun proxecto dinámico e vivo no que se segue traballando xa que, segundo avanzou Román Rodríguez, o obxectivo é sumar outros centros históricos de interese. Durante a xornada tamén se presentou o primeiro Smart Way-Rede Española: a Ruta dos fenicios no Atlántico-As Cassitérides, un novo itinerario que, aproveitando o éxito dos Minicruceiros costeiros polas rías de Galicia que xa funcionan nas Rías Baixas, permitirá aos viaxeiros achegarse por mar a gran parte dos vestixios fenicios que aínda se conservan en Galicia e aplicar técnicas de realidade aumentada para coñecelos.
Outro das grandes protagonistas desta primeira xornada foi o Camiño de Santiago e os preparativos para o Xacobeo 2021 a través de varias presentacións nas que se profundou no Camiño francés como o itinerario destacado no 2019, os proxectos e accións que encherán de cultura e vida Galicia durante o Xacobeo 21 e a importancia de facer deste evento unha celebración universal e participativa do mesmo xeito que a accesibilidade no Camiño de Santiago e o labor de Galicia para garantir que a peregrinación sexa unha experiencia inclusiva, cun traballo plasmado no Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago e coa colaboración de entidades como a ONCE.
Proxectos consolidados e candidaturas a Patrimonio Mundial
As candidaturas galegas a Patrimonio Mundial da Unesco, Cíes-Illas Atlánticas, Ribeira Sacra e Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración tiveron un destacado protagonismo nesta primeira xornada na que tamén houbo espazo para produtos consolidados como a Ruta da Camelia, o enoturismo a través do programa Paseando entre viñedos ou Árbores singulares de Galicia. Os novos produtos deseñados desde a Consellería de Cultura e Turismo continuarán presentándose na caseta galegos ata o venres, profundando nun turismo que permite gozar da Comunidade sen présas á vez que axuda a poñer en valor e coidar os múltiples recursos paisaxísticos, culturais e patrimoniais da Comunidade.
23 de Xaneiro de 2019

A Consellería de Cultura e Turismo avanza algúns dos seus novos produtos turísticos na primeira xornada de Fitur

Co obxectivo de ofrecer unha imaxe de destino que busca a especialización e innova na creación de novos produtos turísticos, a primeira xornada da 39ª edición […]
21 de Xaneiro de 2019

O ‘Outono gastronómico’ rural pecha edición con case 5.000 participantes

O ‘Outono gastronómico en turismo rural’, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, pechou a súa edición 12 coa participación de 4820 persoas, que optaron por […]
18 de Xaneiro de 2019

Galicia avanza coas comunidades da España Verde para reforzar durante 2019 a marca turística do norte peninsular

Galicia vén de participar nunha nova xuntanza da marca España Verde –a alianza turística que agrupa as comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Galicia– […]
22 de Novembro de 2018

A Xunta pon en valor que Galicia sexa o segundo destino da España Verde con mellores perspectivas turísticas de face a finais de ano

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nunha xornada internacional sobre o impacto socioeconómico do turismo en Galicia celebrada en Santiago de Compostela organizada […]