Co obxectivo de dar visibilidade ás propostas de educación ambiental mariña e ofrecer os produtos vinculados ao turismo marítimo e de mergullo, xa está en marcha o portal da Ruta WOAH, www.wildsea.eu, que conta con Galicia dentro dos seus destinos de mergullo e turismo sustentable, grazas ao acordo de colaboración con Turismo de Galicia.
O portal ofrece a posibilidade de que as empresas vinculadas a este segmento ofrezan os seus produtos a un público internacional de países como Portugal, Reino Unido, Irlanda, Alemaña ou Países Baixos, dentro do marco desta rede de empresas e destinos turísticos que traballan xuntos para impulsar o “ecoturismo mariño” en Europa.
Desde a organización, de feito, insístese na necesidade de contar coa participación do sector privado, ofrecéndolles visibilidade aos seus produtos e a opción de formar parte dos produtos turísticos transnacionales que se desenvolverán no marco da Ruta WAOH!, que incluirán outras actividades ademais do mergullo. A presenza no portal é gratuíta, unicamente é necesario dar de alta a empresa para empezar a publicar a proposta de actividades. Tamén ofertan a opción de activar un motor de reservas opcional, que recomendan activar xa que as actividades cuxa reserva directa se facilita a través do portal pasan a formar parte dunha campaña de mercadotecnia dixital que potencia a súa visibilidade. Para as empresas galegas, grazas á participación de Turismo de Galicia como promotor da Ruta WAOH!, as reservas realizadas a través do portal levan asociadas unha comisión de só o 10% (fronte ao 20% noutros destinos).
Para máis información: hello@wildsea.eu ou teléfono +34646512514.