turismo activo

O Balneario Caldaria-Laias, en Cenlle, será a sede da xornada, que se celebrará o próximo 29 de xuño

Con tres relatorios marco e unha mesa de debate, o encontro ten xa o prazo de inscrición aberto

Co obxectivo de celebrar un punto de encontro entre todos os axentes do sector implicados no turismo activo, o Balneario Caldaria-Laias, en Cenlle, é o lugar elixido para celebrar unha xornada sobre competitividade, promoción e comercialización do turismo activo en Galicia. Baixo o título “O Novo Turismo Activo en Galicia”, o encontro terá lugar o próximo 29 de xuño en xornada de mañá e está impulsado polo Clúster Turismo de Galicia, coa colaboración de Turismo de Galicia.

Ademais, e desarollándose en Ourense e nun balneario, a xornada tamén presentará atención á creación de sinerxías entre o turismo activo e o turismo termal, elemento diferenciador desta provincia. O encontro hase concenbido para que participen todos os axentes do sector turístico activo galego así como operadores turísticos e axentes da cadea de valor implicados en todo o proceso de promoción e comercialización deste turismo. O obxectivo final é que a xornada de traballo sirva para recoller de forma directa as necesidades de creación e distribución do produto de turismo activo, ademais de crear sinerxías entre os diferentes axentes e establecer unha comunicación a longo prazo que mellore a implementación do turismo activo en Galicia.

Tres relatorios e unha mesa de traballo

O programa da xornada concibiuse para fomentar o networking e o intercambio de necesidades e posibles solucións. Por iso a xornada componse de tres relatorios marco a cargo de Agustín Rico, da Asociación galega de empresas de turismo activo e natureza (AGETAN), encargado de abrir a xornada cun breve diagnóstico da situación do sector en Galicia.

A continuación intervirán relatores convidados de dous casos de éxito. Por unha banda Javier García e Adrián Tejero falarán do modelo de colaboración público privada, e de xestión compartida de Prepyr365, un modelo no posicionamento turístico dun territorio para a práctica de turismo activo. A continuación un representante da empresa portuguesa TOBOGA exporá cales son as súas claves para competir no mercado diferenciándose pola súa calidade.

Finalmente haberá unha mesa de debate sobre o novo turismo activo de Galicia na que participarán o presidente da Federación Galega de Turismo Rural, Cesáreo Pardal, José Luís Fernández, membro de AGETAN e Joaquín Gómez-Varela, experto en actividades deportivas no medio natural, da Universidade da Coruña.

22 de Xuño de 2017

Ourense acollerá unha xornada de competitividade, promoción e comercialización do turismo activo en Galicia

O Balneario Caldaria-Laias, en Cenlle, será a sede da xornada, que se celebrará o próximo 29 de xuño Con tres relatorios marco e unha mesa de […]
22 de Xuño de 2017

Destinos locais e internacionais, ademais de empresas e entidades do sector, terán cabida no I Salón do Deporte e o Turismo Activo

Sportur Galicia, que se celebrará en Expouresnse en novembro, celebrou a súa primeira reunión do comité asesor A secretaria xeral para ou Deporte da Xunta de […]
06 de Xuño de 2017

Expourense acollerá en novembro SPORTUR Galicia, o I Salón do Deporte e Turismo Activo

Co obxectivo de dar a coñecer Galicia como destino activo e saudable, ao tempo en que se promociona a oferta diversa que o noso terrritorio ofrece […]
22 de Xaneiro de 2017

Ourense, plan perfecto para escapadas

A provincia tamén foi protagonista da presentación do primeiro paquete turístico transfronteirizo e da presentación da marca Manzaneda-Trevinca Coa actriz Miryam Galego como representante de excepción, […]