turismo activo

O Clúster de Turismo de Galicia organiza o próximo 29 de outubro en Bilbao un workshop para mostrar a axencias de viaxe vascas o produto de turismo activo na comunidade galega.

Galicia segue apostando polo seu posicionamento como destino de turismo activo e para iso organiza o próximo 29 de outubro un workshop en Bilbao para captar, difundir e promocionar o seu produto en novos mercados emisores, traballando así para consolidar unha iniciativa público – privada atractiva que mostra o potencial que o turismo activo en territorio galego.

“Workshop Galicia Destino Activo 19” realizarase o hotel Barceló Bilbao Nervión de Bilbao co obxectivo de pór en contacto ás empresas que forman parte dos produtos desenvolvidos en Galicia baixo a marca Galicia Destino Activo con axentes de comercialización do norte de España, fomentando así relacións comerciais que impulsen a chegada de usuarios de turismo activo desde a franxa meridional do país.

O evento arrincará cunha presentación dos produtos turísticos que forman parte da marca Galicia Destino Activo e tentará trasladar as mentes das persoas participantes a localizacións punteiras para a práctica deportiva ao aire libre en Galicia. Tras un aperitivo, inspirado na gastronomía galega, celebrarase a fase networking, na que as empresas que prestan os servizos de turismo activo poderán falar directamente cos prestadores de servizos e crear experiencias ad hoc para a súa empresa e os seus clientes. O Workshop terminará co sorteo dun dos produtos de GDA para 2 persoas co obxectivo de motivar un aumento da participación, pero tamén a vinculación coa marca das axencias comercializadoras no norte de España, fomentando o establecemento de redes comerciais entre a industria turística vasca e galega.

As empresas galegas que participan nalgún dos produtos desenvolvidos no marco de Galicia Destino Activo poden participar na xornada, solicitando a súa praza a través desta ligazón.  As prazas son limitadas e o prazo de inscrición termina o venres 25 de outubro.

“Galicia Destino Activo” é a marca coa que o Clúster de Turismo de Galicia vén traballando desde o ano 2015 co obxectivo de promocionar e comercializar paquetes de turismo activo. Máis de 40 empresas conforman 14 produtos turísticos consolidados, que se realizan polas 4 provincias galegas, e que teñen como espiña dorsal a práctica de turismo activo nun marco natural inigualable. Este produto potenciouse coa creación dunha páxina web e unha aplicación móbil que serve para poder mostrar todas as opcións tanto a axencias de emisor como ao público final.

Máis información: info@galiciadestinoactivo.com

21 de Outubro de 2019

Galicia Destino Activo aposta polo País Vasco para a presentación dos seus produtos

O Clúster de Turismo de Galicia organiza o próximo 29 de outubro en Bilbao un workshop para mostrar a axencias de viaxe vascas o produto de […]
01 de Outubro de 2019

AGETAN celebra un encontro para analizar o novo decreto de Turismo Activo de Galicia que a Xunta acaba de elevar a exposición pública

As empresas asociadas a AGETAN reuníronse este mércores para reflexionar sobre o estado do sector e incidir na súa ordenación. Con motivo da exposición pública do Proxecto de […]
25 de Setembro de 2019

A marca Galicia Destino Activo establécese como obxectivo a creación de 3 novos produtos de turismo activo

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu esta semana a II Xornada Galicia Destino Activo, concibida co obxectivo de continuar no traballo de posicionamento […]
20 de Setembro de 2019

A nova edición de Sportur Galicia acollerá o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo

A celebración do I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo será a principal novidade da terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo de […]