turismo accesible

As asociacións de hostalaría e restauración de Lugo, A Coruña e Santiago únense ao proxecto Peregrinos polo Norte, de hotel en hotel

No ano en que se celebra o 25º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade, a Ruta Xacobea tiña que ter tamén presencia en Fitur, na que se presentaron os novos produtos que permiten vivir o Camiño de Santiago a peregrinos en cadeira de rodas. Baixo o nome Descobre o teu propio Camiño, Turismo de Galicia e Xacobeo presentaron paquetes turísticos concibidos para facilitar a peregrinación a través do emprego de handbikes eléctricas e híbridas que se poden contratar en diferentes etapas do Camiño Francés entre Galicia e León. Esta iniciativa é resultado do proxecto europeo Saber Universal no que participa a Xunta e que se desenvolve no principal itinerario xacobeo e no camiño de San Benedicto de Italia. En total, habilitáronse cinco paquetes para persoas con discapacidade visual, mobilidade reducida e público senior.

?Na Xunta de Galicia queremos que o Camiño de Santiago sexa unha experiencia inclusiva. Por iso aprobamos o pasado ano o Plan de accesibilidade turística e do Camiño , declarou Nava Castro. Nesta liña, subliñou que os aseos e dormitorios da rede pública de albergues do Xacobeo foron adaptados. Ademais, entre eles, destacan especialmente os casos de Melide e Ribadiso (Arzúa), nos que se finalizaron proxectos de accesibilidade universal.

Na presentación tamén participaron Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo; Emilio López, director do Centro Nacional de Información Xeográfica (IGN), e Juan Serrano, presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés. López presentou o Mapa dos Camiños de Santiago en Europa, realizado en colaboración coa Federación de Asociacións de Amigos do Camiño, representada neste acto polo seu presidente, Luís Gutiérrez. Este mapa permite visualizar máis de 80.000 quilómetros marcados como ruta xacobea en 28 países europeos. Pola súa banda, Juan Serrano expuxo O Camiño dos sentidos, no que se reúne a oferta gastronómica dos municipios que integran este itinerario xacobeo.

Precisamente as presentacións teñen como contexto o 25 aniversario da declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial, o primeiro do tres itinerarios xacobeos que recibiron este recoñecemento da Unesco. Foi en 1993, distinción á que seguiría en 2015 a do Camiño Primitivo e o Camiño do Norte. A celebración deste cuarto de século coincide que o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, unha cita que Galicia aproveitará para impulsar aínda máis o turismo cultural e o uso turístico sustentables dos seus numerosos recursos.

Ademais, en colaboración coas rexións que forman a Macrorregión de Rexións do Suroeste Europeo RESOE (Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Norte e Centro de Portugal), a Xunta de Galicia traballa nun novo produto que teña como fío condutor o Camiño e os numerosos Patrimonios Mundiais existentes neste amplo territorio de España e Portugal.

Irmandamento co Kumano Kodo
Fitur tamén foi o escenario para que o Camiño de Santiago e o camiño de Kumano Kodo de Xapón engadisen un novo capítulo á súa historia de colaboración coa apertura en Fitur da conmemoración dos seus 20 anos de amizade. Ambas as rutas de peregrinación, dúas das máis importantes do mundo e protexidas pola Unesco, se hermanaron en 1998, comezando unha intensa relación que contribuíu a incrementar os lazos entre o país xaponés e Galicia.

Os directores de Turismo de Galicia e da prefectura de Wakayama, Nava Castro e Nobuko Goto, reuníronse no expositor da Comunidade galega para resaltar os valores comúns que ambos os camiños de peregrinación comparten a pesar de xurdir en territorios a miles de quilómetros de distancia e cunha raíz relixiosa diferente. ?O Camiño de Santiago e o Kumano Kodo forma parte de culturas en aparencia moi diferentes, pero o substrato que comparten avivouse ao longo destas dúas décadas desde a súa declaración de amizade?, afirmou a titular de Turismo do Goberno galego.

Peregrinos polo Norte
E precisamente froito tamén da cooperación xurdiu o preoyecto Peregrinos polo Norte, de hotel en Hotel, unha iniciativa de carácter privado da que forman parte a Asociación Hostalaría Compostela, a de Coruña e a Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo co obxectivo de ofrecer unha selección de hoteis especializados en peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago

A presentación do proxecto tivo lugar na caseta de Asturias, baixo o impulso de Otea, a Asociación de Hostalaría e Turismo de Asturias,onde se asinou a incorporación das provincias de Biscaia e Guipúzcoa, do País Vasco; e de Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, por parte de Galicia, e a renovación de Cantabria, a través das súas respectivas asociacións de hostalaría, hotelería e turismo. O proxecto busca que cada peregrino teña unha referencia de establecementos de aloxamentos que teñen un servizo diferenciado e adaptado ás súas necesidades.

21 de Xaneiro de 2018

Un Camiño de Santiago máis inclusivo preséntase en Fitur como embaixador do destino Galicia

As asociacións de hostalaría e restauración de Lugo, A Coruña e Santiago únense ao proxecto Peregrinos polo Norte, de hotel en hotel No ano en que […]
21 de Xuño de 2017

Aprobado o Plan de Accesibilidade Turística e do Camiño de Santiago para avanzar no turismo inclusivo en Galicia no horizonte 2019

Inclúe catro liñas estratéxicas para actuacións no destino Galicia e outro sete para as actuacións no Camiño de Santiago en particular A Xunta aprobou o Plan […]
15 de Maio de 2017

Sustentabilidade e saúde, eixos do II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia acollerá os próximos 22 e 23 de maio o II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia #GastroForumCSHG, centrado nesta […]
01 de Decembro de 2016

Turismo de futuro, turismo para todos

O Foro Proturga,, que se celebra ata o venres en Pontevedra, incide na necesidade de maior formación e na de contar cos colectivos implicados para crear […]