formación turística

O curso desenvolverase nunha semana intensiva na Veiga, Ourense, do 11 ao 15 de xullo

Entre o 11 e o 15 de xullo o Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC (CETUR) organiza na Veiga (Ourense) o VII Curso de Formación para Informadores de Oficinas de Turismo e Guías que por vez primeira realízase fóra de Santiago de Compostela. A edición deste ano, focalizado no turismo na natureza, abordará temas como as empresas de turismo activo en Galicia, o turismo deportivo en montaña ou en espazos naturais protexidos, as paisaxes, o potencial climático turístico galego, o ecoagroturismo, o deseño de rutas de sendeirismo, os folletos ou as novas tecnoloxías no sector. O obxectivo é profundar nas posibilidades múltiples, tanto prácticas como empresariais, que ofrecen o sendeirismo, o montañismo e o guiado como actividades específicas de turismo na natureza en Galicia. Mostraranse deste xeito as peculiaridades dese subsector turístico e daranse a coñecer os recursos culturais existentes no territorio ademais de transmitirlle ao alumnado unha serie de habilidades interpretativas e prácticas, nomeadamente en relación co manexo de novas tecnoloxías da información e de cartografía.

O curso, cuxo prazo está aberto até o 30 de xuño ou até esgotar prazas, desenvolverase en sesións intensivas de mañá e tarde, o que permitirá concentrar as aulas nunha única semana e así desenvolver 15 horas de prácticas nas Montañas de Trevinca, o sector máis elevado de Galicia e, por tanto, a única área de alta montaña do país, a través do seguimento e análise de rutas de sendeirismo sobre o terreo. As persoas inscritas recibirán o correspondente certificado, homologado pola Xunta de Galicia, para o que é obrigatorio asistir como mínimo ao 85% das horas programadas. Para ampliar información ou realizar inscricións podedes porvos en contacto con CETUR no correo cetur@usc.es ou no teléfono 881 816 339

Consulta o programa do curso

 

28 de Xuño de 2016

CETUR celebra por vez primeira o seu curso de formación para informadores e guías turísticos fóra de Compostela

O curso desenvolverase nunha semana intensiva na Veiga, Ourense, do 11 ao 15 de xullo Entre o 11 e o 15 de xullo o Centro de […]
11 de Abril de 2016

Formación para mellorar a atención ao cliente co Proxecto Anfitrións

En maio celébranse en Lugo até 20 sesións de formación para propietarios, mandos intermedios e persoal en contacto co cliente Dentro das actuacións contempladas no Plan […]
11 de Abril de 2016

Aberto prazo para participar nos cursos da Escola de Turismo Itinerante para aloxamentos e restaurantes no Camiño de Santiago

A formación é un dos alicerces nos que se apoia o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago da Axencia de Turismo de Galicia, que […]
28 de Marzo de 2016

A Federación de Empresarios do Barbanza pon en marcha en abril un completo programa de formación

Co obxectivo de mellorar a oferta turística e comercial da comarca do Barbanza, a Federación de Empresarios do Barbanza en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, […]