Aberto prazo para participar nos cursos da Escola de Turismo Itinerante para aloxamentos e restaurantes no Camiño de Santiago

ACTIVIDADES

Aberto prazo para participar nos cursos da Escola de Turismo Itinerante para aloxamentos e restaurantes no Camiño de Santiago

A formación é un dos alicerces nos que se apoia o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago da Axencia de Turismo de Galicia, que é quen promove unha serie de accións formativas dirixidas a albergues públicos e privados, aloxamentos e restaurantes na Ruta Xacobea e están impartidos polo CSHG, a través da Escola de Turismo Itinerante. Creados co obxectivo de mellorar a formación de todos os axentes implicados na oferta de servizos no Camiño de Santiago, os cursos son un total de 25 que inclúen xestión do departamento de rececpción, Smart Camiño, o impacto das redes sociais e o peregrino ou atención e información ao peregrino. Os cursos que se consignan a continuación xa están en marcha e desenvolveranse en diferentes datas en Melide, Sarria, Santiago e Cee, sendo necesaria a inscrición previa para poder participar.

1. Atención, información e servizo ao peregrino en aloxamentos do Camiño de Santiago
Destinatarios: recepcionistas, propietarios e traballadores de albergues e aloxamentos do Camiño.
Obxectivos: conseguir unha correcta orientación ao peregrino, coñecer as súas necesidades e tentar cumprir as súas expectativas.
Datas: Melide 10 maio / Sarria 11 maio 2016/ Santiago 25 maio 2016 /Cee (24 maio 2016)

2. Xestión do departamento de recepción en aloxamentos do Camiño
Destinatarios: recepcionistas de albergues e aloxamentos do camiño.
Obxectivos: mellorar a xestión no departamento de recepción dos albergues e aloxamentos, a través de ferramentas de xestión e de procesos de calidade.
Datas: Melide 12 abril 2016 / Sarria 13 abril 2016 / Santiago 19 abril 2016 / Cee 24 maio 2016

3. Propina do preregrino nas redes sociais
Destinatarios: traballadores/ propietarios de Albergues públicos e persoais e aloxamentos turísticos do camiño.
Obxectivos: coñecer o impacto dun bo ou mal servizo nas redes sociais, e xestionar os comentarios dos peregrinos nas redes.
Datas: Melide 10 maio 2016 / Sarria 11 maio 2016/ Santiago 25 maio 2016

4. Pon o teu albergue no mapa: Smart Camiño
Destinatarios: traballadores/propietarios de Albergues públicos e persoais e aloxamentos turísticos do camiño.
Obxectivos: dar a coñecer o negocio nas redes sociais e estar presente nas plataformas dixitais e portais do Camiño de Santiago.
Datas: Melide 12 abril 2016 / Sarria 13 abril 2016 / Santiago 19 abril 2016
Tamén pode inscribirse en formacioncontinua@cshg.es ou chamando ao 981 542 592
Máis información: PLAN DE FORMACIÓN NO CAMIÑO DE SANTIAGO