feria sectorial

Representantes do sector MICE galego como Palexco ou ExpoCoruña xunto con Turismo da Coruña e Turismo de Galicia estarán presentes nesta cita do 16 ao 18 de maio

O turismo de feiras, congresos e incentivos, MICE, ten unha cita obrigada do 16 ao 18 de maio en Alemaña, na feira IMEX de Frankfurt, unha das citas profesionais máis importantes no ámbito do turismo de reunións. Representantes deste sector como ExpoCoruña ou Palexco xunto con Turismo da Coruña viaxarán da man de Turismo de Galicia a este espazo de promoción co obxectivo de dar a coñecer Galicia como destino ideal para o turismo de feiras, congresos, incentivos, presentacións de produto, etc…

Durante a celebración do certame desenvolveranse diferentes encontros cos principais operadores turísticos europeos relacionados co turismo de reunións ademais de desenvolver unha axenda de encontros profesionais no espazo expositivo de Turismo de Galicia, na caseta E300, no que se ofrecerá información sobre a oferta galega vinculada cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira.

A feira IMEX de Frankfurt consolidouse como unha cita imprescindible para o sector MICE, cunha edición que superou os 3500 expositores de 150 países e coa visita de máis de 9000 profesionais vinculados ao sector.

12 de Maio de 2017

Galicia promocionarase como destino de feiras, congresos e incentivos na feira IMEX de Frankfurt

Representantes do sector MICE galego como Palexco ou ExpoCoruña xunto con Turismo da Coruña e Turismo de Galicia estarán presentes nesta cita do 16 ao 18 […]
05 de Abril de 2017

Vinis Terrae pecha a súa sétima edición coa visita de máis de 600 profesionais e 1200 encontros profesionais de negocio

O Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade Vinis Terrae celebrado en Expourense pechou a súa sétima edición despois de dous días de intensa actividade […]
16 de Marzo de 2017

Participación galega no Salón Mundial de París

O recinto de París Expo Porte de Versailles acolle ata o domingo 19 de marzo a 42ª edición do Salón Mundial do Turismo, un evento que […]
08 de Marzo de 2017

Clúster Turismo de Galicia participa por 3º año na ITB Berlin cunha misión comercial formada por 25 asociados

A delegación, que viaxa acompañada da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, desprázase a unha das feiras profesionais máis importantes para o sector turístico O […]