Vinis Terrae pecha a súa sétima edición coa visita de máis de 600 profesionais e 1200 encontros profesionais de negocio

Vinis Terrae pecha a súa sétima edición coa visita de máis de 600 profesionais e 1200 encontros profesionais de negocio

O Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade Vinis Terrae celebrado en Expourense pechou a súa sétima edición despois de dous días de intensa actividade para as 60 adegas expositoras que mantiveron en total máis de 1200 citas de negocio con compradores nacionais e importadores procedentes de 19 países. A feira profesional especializada na comercialización de viño contou coa participación de máis de 600 profesionais do sector, que se deron cita en Ourense para ampliar mercado e pechar novos contactos comerciais .

A directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo, foi a encargada de clausurar o evento, que permite abrir as portas dos mercados internacionais a adegas e denominacións de orixe máis pequenas e menos coñecidas. Cun cociente medio de 20 encontros por expositor, os participantes expresaron a súa satisfacción polo desenvolvemento da feira, que se pechará con novos vínculos comerciais a medio e longo prazo.