Membros do sector turístico e da hostalaría, ademais de alumnos de centros de formación, participaron no tres xornadas impulsadas pola Xunta de Galicia baixo o título “Neste Entroido… que non chos disfracen”, co obxectivo de sensibilizar a estes colectivos da necesidade de coñecer e pór en valor os licores e augardentes etiquetaxes. O programa, organizado en colaboración co Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia, a Consellería de Medio Rural e Turismo de Galicia, combina catas comentadas e elaboración de cócteles e pratos, a cargo de reputados enólogos, barmans e chefs, a partir de augardentes e licores galegos. As demostracións celebráronse no Centro Superior de Hostalaría de Galicia en Santiago de Compostela, o IES Vilamarín de Ourense e o CIFP Paseo das Pontes da Coruña ao longo de cinco sesións, en quendas de mañá e tarde para os estudantes e os profesionais, respectivamente.

O obxectivo é, por unha banda, facer fincapé no sector turístico acerca da importancia de degustar bebidas espirituosas certificadas e con etiqueta, de xeito que se evite o consumo de produto “disfrazado”, non regulado á vez que se destacou a calidade e versatilidade que este tipo de produtos ten na nosa cociña e na coctelería a través da demostración levada a cabo polo barman do Casino A Toja, Anxo Camiña e os cociñeiros Mark Wernink e Fran Castro, do Casino A Toja e o Eurostar Illa A Toja.

A responsable do Medio Rural, Anxos Vázquez, participou na primeira das sesións, onde apelou a que os novos profesionais do sector turístico e máis en concreto da hostalaría adquiran sempre produtos con todas as certificacións. Na presentación, no Centro Superior de Hostalaría de Santiago, o presidente do Consello Regulador das indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais de Galicia, José Antonio Feijóo, pola súa banda, fixo unha introdución sobre estes produtos aos alumnos alí presentes que a continuación escoitaron unha clase maxistral de Hadrián Lueiro sobre a aplicación das técnicas da cociña en coctelería.

08 de Febreiro de 2018

Celebradas tres xornadas profesionais para dar a coñecer entre estudantes e profesionais todo o potencial dos destilados galegos con contraetiqueta

Membros do sector turístico e da hostalaría, ademais de alumnos de centros de formación, participaron no tres xornadas impulsadas pola Xunta de Galicia baixo o título […]
25 de Maio de 2017

O CSHG acolle a cuarta xornada da Xira Hoteleria para falar sobre distribución hoteleira

Compostela acollerá o próximo 31 de maio o cuarto foro da Xira Hoteleria, unha iniciativa dirixida ao sector hoteleiro onde importantes empresas do sector danse cita […]
15 de Maio de 2017

Sustentabilidade e saúde, eixos do II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia acollerá os próximos 22 e 23 de maio o II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia #GastroForumCSHG, centrado nesta […]
23 de Marzo de 2017

En abril conclúen no CSHG as sesións formativas do programa Do mar ao prato

Ata o próximo 18 de abril, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) acolle unha serie de sesións formativas dentro do programa “Do mar ao […]