coronavirus

Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco en España e outros 136 países.

A Consellería de Sanidade actualizou a listaxe de territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Galicia ante a evolución da situación epidemiolóxica tanto en distintas comunidades autónomas como noutros países. Como novidade destaca a inclusión de Madrid entre os territorios de obrigado rexistro mentres que desaparecen A Rioxa e Portugal. Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco.

Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 4 veces superior á de Galicia, deberán comunicar nun prazo máximo de 24 horas os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura conseguir un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns.

Dúas modalidades para facilitar a información de contacto
Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que estará dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou fornecer os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros facilitaráselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatología, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con cartón sanitario en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela. Tamén se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren necesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de territorios cun risco máis alto, independentemente de que teñan sintomatología ou non, podería promoverse a realización dunha proba diagnóstica.

Máis de 100 mil viaxeiros rexistrados

Un total de 107.412 persoas inscribiron os seus datos de contacto no rexistro de viaxeiros que puxo en marcha a Consellería de Sanidade o pasado día 29 de xullo. Delas 62.446, o 58,1% do total, proceden das distintas comunidades autónomas con comunicación obrigatoria, concretamente 29.783 do País Vasco, 24.150 de Cataluña, 3.674 de Aragón, 3.011 de Navarra e 1.828 da Rioxa.

Así mesmo rexistráronse 449 viaxeiros que chegaron dos países cun risco epidemiolóxico máis elevado. Concretamente 121 desde Estados Unidos, 75 de Luxemburgo, 75 de México, 46 de Brasil, 42 da República Dominicana, 33 de Romanía, 22 de Chile, 16 de Ecuador, 11 de Perú e 8 de Colombia.

O resto dos casos corresponden a viaxeiros doutros países con risco epidemiolóxico menos elevado que os anteriormente citados ou a viaxeiros que se rexistraron voluntariamente, xa que proveñen de comunidades autónomas e países que non son de declaración obrigatoria.

06 de Agosto de 2020

A Xunta elimina a Portugal e A Rioxa da lista de territorios de obrigado rexistro para os viaxeiros que chegan a Galicia e inclúe a Madrid

Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco en España e outros 136 países. A Consellería de Sanidade actualizou a listaxe de territorios de obrigado […]
29 de Xullo de 2020

Os viaxeiros que cheguen a Galicia desde territorios con maior prevalencia da COVID19 terán que comunicar os seus datos ao SERGAS

Co obxectivo de implementar novas medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID19, a Xunta de Galicia aprobou unha nova medida que […]
22 de Xullo de 2020

En marcha medidas para a reactivación turística da Mariña lucense

  Co obxectivo de reducir en boa medida o impacto negativo que tivo no último brote no territorio da Mariña lucense, diferentes administracións públicas están a […]
20 de Xullo de 2020

Hoteis de catro e cinco estrelas, emprazamentos singulares… máis de 200 empresas adscribíronse xa ao Bono Turístico

A Xunta publicará ao longo desta semana o sistema para que os potenciais beneficiarios poidan solicitar o bono Paradores, hoteis de cinco e catro estrelas, emprazamentos […]