Medio cento de expertos e profesionais do sector daranse cita no evento que combinará charlas presenciais e streaming

Lugo acollerá, os días 16, 17 e 18 de setembro, o I Congreso Nacional de Turismo Experiencial, que contará coa participación de máis de 50 expertos e profesionais do sector co objetigvo de debater sobre a situación actual do sector turístico e a procura de solucións e ferramentas que axuden á recuperación da confianza do viaxeiro.

Nesta primeira edición, o evento combinará o formato presencial, con conferencias no Pazo de San Marcos, e o virtual, ofrecendo a posibilidade de seguir as charlas por streaming. Ademais, como extensión ao Congreso, os días 19 e 20 de setembro celebrarase a cita LugoExperience, que incluirá actividades culturais, gastronómicas, medio ambientais e de aventura, dirixidas aos asistentes e ao conxunto dos lucenses. A aposta por un turismo sostible e experiencial, xerador de riqueza para o territorio adáptase perfectamente ao modelo de cidade e de provincia que Lugo está a impulsar, no marco dos traballos impulsados pola Deputación de Lugo para converter á provincia nun destino multiexperiencial e intelixente ? a provincia de Lugo está adherida á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes-.

O I Congreso Nacional de Turismo Experiencial será un punto de encontro para profesionais, emprendedores, técnicos, produtores locais, estudantes, guías, investigadores, medios de comunicación e apaixonados do turismo e a cultura en xeral. Apoiándose no carácter experiencial do evento, ademais dos relatorios, farase especial fincapé na realización de actividades complementarias a través de networking, workshops, visitas de campo e accións de dinamización cos asistentes. Así, entre outras actividades, celebraranse unhas Xornadas de Introdución á Creación de Experiencias de Lecer e Turismo.

07 de Agosto de 2020
Muralla_Lugo

Congreso de Turismo Experiencial en Lugo

Medio cento de expertos e profesionais do sector daranse cita no evento que combinará charlas presenciais e streaming Lugo acollerá, os días 16, 17 e 18 […]
09 de Xullo de 2020

Fairway celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago do 8 ao 10 de novembro de 2020

A feira do Camiño de Santiago non faltará á súa cita este ano. Finalmente a cuarta edición de Fairway celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago […]
27 de Febreiro de 2020

Formación, sensibilización e colaboración, claves para implantar as novas tecnoloxías no turismo galego

Organizado polo Clúster TIC e o Clúster de Turismo de Galicia a iniciativa serviu para achegar a estes dous colectivos, coñecer as tecnoloxías disruptivas nas que […]
10 de Xaneiro de 2020

A Apehl celebra en febreiro o seu congreso “E para comer, Lugo no Camiño”

Dentro da iniciativa O Teu Xacobeo, impulsada desde a Xunta de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) pon en […]