Impulsada polos Galp das Rías Baixas, o encontro celébrase o 24 e 25 de setembro no marco do proxecto de cooperación Mar dás Illas

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, Ría de Arousa e Ría de Vigo-A Guarda impulsa a celebración o 24 e 25 de setembro da I Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo no marco do proxecto de cooperación Mar das Illas. A xornada consta de dúas sesións: a primeira, o 24, na que se desenvolve un congreso no Pazo da Cutura de Pontevedra e ao que poden asistir de maneira presencial até 30 persoas, todas elas participantes do proxecto Mar dás Illas e unha segunda sesión, o 25, que consistirá nunha visita guiada ao Parqrue Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O obxectivo da xornada é ofrecer unha visión do estado das actividades de turismo mariñeiro e pescaturismo a nivel estatal e europeo, achegando exemplos de proxectos que se están desenvolvendo, ademais de visibilizar o camiño percorrido polo proxecto Mar das Illas. Ademais, o simposio tamén servirá de punto de encontro e debate para as persoas implicadas no desenvolvemento do turismo mariñeiro e pescaturismo nun congreso no que participarán diversos profesionais do turismo mariñeiro así como persoal das distintas administracións a nivel autonómico, nacional e europeo. Aínda que presencialmente e na visita ás Illas Atlánticas só participarán unha trintena de persoas, o congreso poderá seguirse vía streaming, previo rexistro.

O proxecto de cooperación Mar dás Illas
Ademais do tres GALP, o proxecto de cooperación Mar dás Illas conta como colaboradores co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG), a Federación Provincial de Confrarías de pescadores de Pontevedra e a asociación Mar Seguro de Galicia. O seu obxectivo é promover a actividade do turismo mariñeiro e a pescaturismo entre o colectivo de mariñeiros nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do PNMTIAG, a través da súa formación como guías acreditados de turismo mariñeiro no ámbito do Parque Nacional. De feito no trascurso das diferentes fases do proxecto formáronse 150 profesionais do mar como Guías Acreditados en Turismo Mariñeiro e Pescaturismo no ámbito do Parque Nacional. Ademais elaboráronse distintos manuais de formación, protocolos de actuación e Códigos de Boas Prácticas, e levaron a cabo diversas xornadas de divulgación, con expertos na materia.

Seis proxectos pilotos
Mar das Illas atópase agora nunha terceira fase na que, ademais da formación, deuse un paso máis, con tutoríaspersonalizadas para todos os profesionais que decidiron emprender na actividade. Ademais, do conxunto de proxectos presentados, elixíronse seis deles para polos en marcha, tres de turismo maniero a pé e outro tres de pescaturismo, co obxectivo de ensaiar e avaliar as actividades programadas así como os protocolos establecidos de atención ao público, seguridade, Covid-19,e integración da diversidade funcional e que, aos poucos, iranse dando a coñecer á cidadanía a través de diferentes actividades.

Formulario inscrición

 

PROGRAMA

22 de Setembro de 2020

Pontevedra acolle a I Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo

Impulsada polos Galp das Rías Baixas, o encontro celébrase o 24 e 25 de setembro no marco do proxecto de cooperación Mar dás Illas Os Grupos […]
21 de Setembro de 2020

Un descanso nos Camiños busca consolidar a proposta a través da súa difusión a través de congresos e showcookings

Co obxectivo de conseguir a consolidación, posicionamento, difusión e impulso á comercialización do produto turístico denominado “Un descanso nos Camiños”, programa que organiza estancias en Balnearios […]
15 de Setembro de 2020

Solucións e novas ideas para o sector no I Congreso Nacional de Turismo Experiencial que se celebra esta semana en Lugo

Desenvolverase de forma presencial e virtual do 16 ao 18 de setembro, seguido do fin de semana ‘LugoExperience’ o sábado 19 e domingo 20 Lugo será […]
14 de Setembro de 2020

O Congreso Internacional sobre auga e Saúde organizado por Termatalia 2020 supera xa os 300 inscritos

O evento, que se celebra os días 16 e 17, poderase seguir de forma presencial ou online e conta coa participación de 50 relatores de 9 […]