Clúster Turismo de Galicia

A través de experiencias noutros destinos tanto en Galicia como en Estremadura, Benidorm ou Lanzarote, os profesionais do sector tomaron conciencia do peso da sustentabilidade como factor transversal imprescindible para un sector de futuro

A xornada “Principios de sustentabilidade para un novo turismo” celebrouse na Illa de Arousa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra

Co obxectivo de fortalecer as línes de traballo do sector turístico encamiñados ao fomento da sustentabilidade como eixo transversal no desenvolvemento do sector turístico galego e coñecer ferramentas e experiencias de éxito na implantación de prácticas de turismo sustentable, a Illa de Arousa acolleu esta mañá a xornada formativa de caráter gratuíto “Principios de sustentabilidade para un novo Turismo”, organizada polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A experiencia de Paradores ou dos faros como usos hostaleiros, a conservación de recursos naturais, a sensibilización ambiental ou o desenvolvemento de accións recollidas na axenda 2030 en materia de sustentabilidade foron algúns dos aspectos que se abordaron nas xornadas, na que os participantes puideron coñecer casos de éxito en destinos como Estremadura, Lanzarote ou Benidorm.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañadas polo presidente do Clúster Tursimo de Galicia, Cesáreo Pardal e o alcalde da Illa de Arousa, Carlos Igrexas, foron os encargados de abrir as xornadas, nas que participaron un centenar de profesionais e estudantes do sector turístico galego.

Sustentabilidade, eixo transversal
“Apostamos polo desenvolvemento de produtos turísticos aliñados cos principios da sustentabilidade, nacidos da convicción de que os recursos turísticos que temos a sorte de gozar en Galicia son únicos, e temos o deber de preservalos para xeracións futuras”, destacou na súa intervención o presidente do CTG, Cesáreo Pardal, que fixo especial fincapé en en facer deste principio da sustentabilidade eixo transversal de todas as accións de promoción, desenvolvemento e implantación de produtos turísticos de calidade, modernos e diferenciados. Un principio que tamén destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro: “a sustentabilidade é un dos alicerces da Estratexia do Turismo dd Galicia 2020, orientada ao desenvolvemento de produtos turísticos de baixo impacto que nos permitan a conservación dos nosos recursos”.

Pola súa banda da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tamén destacou, que “defendemos un modelo sustentable, non masificado e ligado á alta capacidade económica para favorecer o noso desenvolvemento. A sosteniblidad está ligada á inteligentcia humana, e é o mellor que temos en Pontevedra, a nosa xente”, destacou.

Sen turismo sustentable, non haberá turismo
A xornada incluíu un total de catro relatorios e unha mesa redonda, dedicada a coñecer experiencias de éxito noutros destinos. O xefe de área de turismo sustentable, Ricardo Branco, da secretaría de Estado para o Turismo dedicou a súa intervención a destacar as ferramentas, clubs de produto e iniciativas que o Estado pon a disposición de entidades, administracións públicas e empresas para a implantación do turismo sustentable, que fai referencia non a un produto se non á forma de xestionalo. “Axudamos configurar correctamente un produto turístico que poida ser comercializado baixo a marca España fóra das nosas fronteiras sempre baixo a óptica dos principios de desenvolvemento sustentable recollidos na Axenda 2030. Porque se non facemos turismo sustentable, non haberá turismo”.

A rede de Paradores como exemplo de recuperación e posta en valor do patrimonio, xerador de riqueza e de fixación de poboación en zonas rurais ou o uso dos faros como aloxamentos turísticos diferenciados a través do exemplo dos faros xestionados pola autoridade portuaria de Vilagarcía ou o caso do Semáforo de Fisterre completaron as intervencións nunha xornada que se pechou cunha mesa de debate sobre experiencias de turismo sustenble moderada polo experto en turismo e xestión de destinos, Pablo Cameselle.

Así, na mesa de debate abordouse a xestión de recursos naturais co exemplo do Destino Turístico Intelixente de Benidorm; a sustentabilidad fronte ao despoboamento, que estivo a cargo do presidente do Clúster de Turismo de Estremadura, Jesús Viñuales, e os retos de manter o equilibrio entre a promoción e a sostenbilidad dun destino tan sensible como Lanzarote, que foi abordada polo conselleiro delegado de Turismo de Lanzarote, Héctor Fernández.

19 de Decembro de 2019

Un cento de profesionais do sector turístico amplían coñecementos sobre sustentabilidade en destino

A través de experiencias noutros destinos tanto en Galicia como en Estremadura, Benidorm ou Lanzarote, os profesionais do sector tomaron conciencia do peso da sustentabilidade como […]
04 de Decembro de 2019

O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia entregaron os Premios Galicia de Turismo 2019

Trátase da primeira edición destes premios que nacen con vocacación de continuidade e de resaltar o traballo pola calidade e a profesionalidade dun sector turístico galego […]
28 de Novembro de 2019

O proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, Pilgrim Travel, o Resurrection Fest e a asociación Camiño dos Faros son os Premios Galicia de Turismo 2019

A cerimonia de entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o próximo 3 de decembro Un xurado presidido por Cesáreo Pardal, presidente […]
25 de Novembro de 2019

Participación da administración e do sector turístico galego nas feiras IBTM World de Barcelona e INTUR en Valladolid

O destino turístico Galicia estivo presente en dous das últimas feiras sectoriais especializadas que se celebran en España: IBTM World de Barcelona, especializada no turismo MICE […]