Clúster Turismo de Galicia

O banco e a agrupación de entidades do sector turístico renovan a súa colaboración e activan opcións de financiamento adaptadas á situación económica xerada pola crise da COVID-19
A entidade financeira atende as demandas do Clúster ante un momento crítico e ofrece produtos con prazos de amortización amplos, carencias e baixos intereses

ABANCA e o Clúster Turismo de Galicia veñen de dar un novo pulo á colaboración que manteñen en materia financeira coa sinatura dun convenio de colaboración en virtude do cal banco e CTG pon o foco posto en ofrecer alternativas de crédito aos empresarios do sector turístico galego.
Así, o novo convenio asinado esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia entre o director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, incorpora solucións especiais de financiamento para facer fronte aos efectos da pandemia.
Neste sentido, o presidente do CTG destacaba a boa resposta de entidades bancarias como ABANCA ante unha situación sobrevinda que tan grave revés está a producir no tecido industrial turístico de Galicia. De aí a importancia “de contar co apoio de ABANCA que ofrece unha resposta directa ás necesidades actuais do colectivo, moi marcadas pola crise sanitaria e os seus efectos económicos”.

Solucións específicas para o sector
Segundo recóllese no convenio asinado, a entidade financeira ofrece as liñas oficiais de financiamento COVID-19 do ICO, así como o programa Igape COVID-19 da Xunta. Pero, ademais, o novo acordo ofrece ás empresas e asociacións turísticas que se engloban no Clúster unha ampla variedade de produtos ideados para mellorar a súa competitividade a través de novos investimentos. O documento inclúe solucións como os préstamos persoais e hipotecarios ou o leasing mobiliario, todos eles con amplos prazos de amortización, posibilidade de incluír carencias e intereses moi competitivos.
Pola súa banda, o novo texto tamén dá resposta ás necesidades máis inmediatas, que permiten adaptarse ás demandas da actividade diaria. As empresas turísticas terán á súa disposición produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring.

Acceso a programas e servizos
Máis aló do financiamento, o texto inclúe tarifas personalizadas no alta e mantemento dos dispositivos TPV, cun 0,20% de comisión. Ademais, poderán acceder a outros servizos que ABANCA pon a disposición deste colectivo como “Appúntame”, para xestionar de maneira sinxela calquera tipo de cotas, domiciliaciones ou subscricións, o Bróker Online ou ABANCA Pay, entre outros.
Da mesma maneira, os integrantes do clúster poderán acceder ás vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e cartóns, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

31 de Xullo de 2020

Abanca e Clúster Turismo de Galicia alíanse para ofrecer solucións financeiras adaptadas á situación do sector turístico galego

O banco e a agrupación de entidades do sector turístico renovan a súa colaboración e activan opcións de financiamento adaptadas á situación económica xerada pola crise […]
02 de Xullo de 2020

Aberto prazo de inscrición para as empresas turísticas que desexen adherirse ao Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Aloxamentos turísticos e axencias de viaxes galegas inscritas no REAT poden sumarse a esta iniciativa conxunta da Xunta e Clúster Turismo de Galicia para reactivar o […]
17 de Xuño de 2020

Luz verde a 12 convenios co sector turístico galego que supoñen un investimento de 1,8 millóns de euros para a creación e adaptación de produtos e experiencias

Os convenios inscríbense dentro do programa Galicia, destino seguro, e asináronse con diferentes asociacións e entes representantes do sector turístico galego, entre os que se contan […]
23 de Maio de 2020

Xa podes descargar os manuais de recomendacións fronte á COVID 19 da Xunta de Galicia para o sector turístico galego

Tanto na web de Turismo de Galicia como na do propio Clúster, está a disposición de empresas e profesionais do sector turístico os 11 manuais con […]