Co obxectivo de que os asociados do Clúster Turismo de Galicia poidan propor proxectos de interese para o desenvolvemento da promoción e mellora da comercialización do sector turístico galego, o CTG lanza unha nova edición do seu concurso de ideas. Para esta edición, o Clúster disporá dunha partida que ascende a 130.000 euros para o desenvolvemento destes proxectos, propostos polo asociados pero desenvolvidos polo Clúster Turismo de Galicia.
Como en ocasións anteriores o CTG abre un prazo de presentación destes proxectos até o próximo 28 de febreiro. A partir de aí, e analizados todos os proxectos valoraranse e elixiranse aqueles que se consideren os mellores para o seu desenvolvemento, tendo en conta os criterios de puntuación que se achegan nas bases do concurso nos que se inclúen o fomento da cooperación entre asociados e, como novidade, que todos os asociados participantes estean ao corrente do pago das súas cotas.
Ademais, este xoves, 6 de febreiro terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia (Aula 2 da Biblioteca de Galicia ás 12,30h), unha xornada explicativa das bases da convocatoria dirixida a todos os asociados, co obxectivo de resolver as dúbidas que poidan xurdir. Se desexa asistir remita os seus datos de contacto a st@ctg.gal antes das 14h do mércores, 5.
Os proxectos deberán presentarse vía correo electrónico a st@ctg.gal