Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os mellores proxectos e polos en marcha desde o CTG. Cada proxecto deberá ser presentado por máis dunha entidade asociada ao CTG, sen prexuízo de que o desexable sería que se agrupasen todas aquelas coincidentes pola finalidade do proxecto. Cun máximo de 60.000 euros por proxecto, as ideas sobre algunha ou varias das materias propostas: uso do TIC para mellora da comercialización, Camiño de Santiago, calidade, creación de produto turístico, comercialización, promoción ou internacionalización, seguindo os criterios e características que se estipulan nas bases do concurso, que xa se poden descargar nesta ligazón.
O prazo para presentar as propostas, que deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo electrónico st@ctg. gal, remata o 6 de febreiro.
Descarga o formulario para cumprimentar