Clúster Turismo de Galicia

Ambas as entidades asinaban un protocolo de colaboración que redundará na promoción conxunta da música e o turismo galego

Co obxectivo de contribuír á difusión da música tradicional e folk de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia acaba de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Sondeseu polo que ambas as entidades unen esforzos para promover actividades que redunden na promoción do sector turístico e a música galega. A firma desta nova colaboración, que permitirá estreitar lazos entre a cultura e o turismo galego, tivo lugar en en Vigo nun acto no participaron os representantes de ambas as partes: Xaquín Xesteira como presidente da Fundación Sondeseu e Cesáreo Pardal como presidente do Clúster Turismo de Galicia.

Este último mostrouse moi satisfeito de poder contar coa colaboración desta fundación para as próximas accións que o Clúster expón levar adiante nos próximos anos. “A firma deste protocolo permitiranos unir esforzos para a promoción conxunta do destino Galicia, especialmente para as feiras, misións e workshops que levamos a cabo fóra do noso territorio”, explicou Cesáreo Pardal. O presidente da Fundación Sondeseu, pola súa banda, destacou tamén a importancia de traballar conxuntamente coa entidade que representa ao sector turístico galego en accións que poidan ser proveitosas para ambas as entidades, aproveitando o efecto positivo e o recoñecemento do que goza a música folk e tradicional galega fose das nosas fronteiras. En virtude do protocolo asinado esta mañá e que ten unha duración inicial de dous anos, a Fundación Sondeseu asumirá as actuacións musicais naqueles eventos organizados polo Clúster nos que se solicite a súa cooperación.

29 de Xaneiro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia contará coa música de Sondeseu nas súas próximas actividades de promoción fóra de Galicia

Ambas as entidades asinaban un protocolo de colaboración que redundará na promoción conxunta da música e o turismo galego Co obxectivo de contribuír á difusión da […]
25 de Xaneiro de 2019

Consolidación e sustentabilidade marcan os retos de futuro para o Clúster Turismo de Galicia nos próximos anos

A entidade que aglutina ao 95% do sector turístico galego fixo balance dos seus 5 primeiros anos de traxectoria en Fitur O espazo de traballo da […]
22 de Xaneiro de 2019

O Clúster Turismo de Galicia aproveitará Fitur para facer balance de ano e de obxectivos alcanzados en cinco anos de traxectoria da entidade

Baixo o título “Cinco anos de colaboración público-privada”, o Clúster Turismo de Galicia tamén protagonizará unha das 45 presentacións que se desenvolverán na caseta de Galicia […]
15 de Xaneiro de 2019

A música e o turismo de Galicia desembarcan en Glasgow como territorio convidado ao festival Celtic Connections

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, subliñou hoxe en Vigo o papel protagonista que terá Galicia na 26ª edición do festival Celtic Connections de […]