Clúster Turismo de Galicia

A presentación tivo lugar no marco de Termatalia no marco da cal se desenvolveu o primeiro workshop de desenvolvemento de produtos turísticos vinculando termalismo e Camiño de Santiago

Os participantes na iniciativa puideron descubrir unha parte dos recursos turísticos galegos a traves de tres fam trips

A incorporación da oferta de Balnerios de Galicia aos usuarios do Camiño de Santiago é o obxectivo co que nace o proxecto “Un descanso nos camiños”, impulsado no contexto do concurso de ideas do Cluster de Turismo de Galicia coa participación da Asociación Galega da Propiedade Balnearia, Expourense, Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Ourense e Caldaria Termal que no marco da celebración de Termatalia 2019 levaron a cabo a presentación do proxecto e as súas primeiras accións.

O obxectivo final pasa por diseñor unha serie de produtos turísticos que permitan complementar o Camiño de Santiago incorporando a oferta de Balnearios de Galicia e para iso levou un workshop no que participaron 30 empresas, 16 axencias de viaxes, 10 balnearios, 2 talasos e outras empresas vinculadas co sector.

No marco da feira de turismo termal celebrada en Ourense mantiveron os primeiros contactos para desenvolver un produto turístico que inclúa aloxamento, programa termal e actividades complementarias vinculada co Camiño de Santiago e coa contorna dos balnearios. “Este produto non só estará dirixido a peregrinos, senón a persoas interesadas no Camiño e no destino Galicia, tanto de procedencia nacional como internacional”, explicou o presidente de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, na presentación do proxecto.

A actividade celebrada no marco de Termatalia completouse coa celebración dun fam trip que levou aos participantes a visitar os balnearios de Mondariz, Laias, Partovia e Augas Santas, complentando as visitas con percorridos de diferentes itinerarios do Camiño de Santiago así como visitas culturais e enogastronómicas en Valença do Miño, Tui, Cea, Carballiño e Ribeira Sacra.

23 de Setembro de 2019

Unha trintena de empresas participan na presentación do proxecto “Un descanos nos camiños”

A presentación tivo lugar no marco de Termatalia no marco da cal se desenvolveu o primeiro workshop de desenvolvemento de produtos turísticos vinculando termalismo e Camiño […]
18 de Setembro de 2019

A 19ª edición de Termatalia arrinca en Ourense reafirmando o seu papel como cita internacional de referencia para o turismo termal e de saúde

Máis de 300 expositores procedentes de 34 países danse cita en Expourense O venres 20 presentarase o proxecto “Un descanso nos Camiños”, nacido no seo do […]
16 de Setembro de 2019

O Clúster Turismo de Galicia organiza tres xornadas de achegamento da oferta turística galega

A iniciativa desenvolverase en outubro en Málaga e Sevilla en días consecutivos, e o 30 de outubro en Lisboa e contará coa participación de 40 empresas […]
11 de Setembro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia prepara unha nova misión comercial á feira internacional de turismo de Londres

Como en edicións anteriores, o Clúster Turismo de Galicia xa está a preparar a misión comercial internacional coa que concluirán as accións de promoción de destino […]